Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.684

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 7 de agosto de 2003 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral de Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Baliño, Santiago de Compostela), nos seus servicios territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-No caso de que resulte seleccionado/a para ocupa-lo posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde, un/ha funcionario/a con destino noutra Administración, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

Código: MA.A01.00.000.15770.001.

Denominación do posto de traballo: subdirector xeral Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Centro directivo: Subdirección Xeral Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A2 especial.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Específico: 15.073,08.

Titulación: 2004 enxeñeiro camiños, canles e portos.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

Formación especifica: (523) Diploma directivo. (640) Para persoal doutra Administración, curso perfeccionamento de galego (RI).