Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa SGL Carbón Group, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa SGL Carbón Group, S.A. (código de convenio 1500745), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-7-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa, o día 27-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xullo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa

SGL Carbón Group, S.A.

Capítulo I

Obxectivo e ámbito

Artigo 1º.-Obxecto do convenio.

O presente convenio colectivo ten por finalidade regula-las relacións socioeconómicas entre a empresa SGL Carbón Group, S.A. da Coruña e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

As normas do presente convenio regulan as relacións de traballo do persoal de SGL Carbón Group, S.A. da Coruña, que con carácter fixo ou eventual presten os seus servicios no dito centro.

Aquelas persoas coas que a empresa pactase ou pacte condicións especiais, non lles afectará este convenio, sempre que ocupen cargos a partir de TGM, inclusive, reservándose a tales persoas en todo momento o dereito de acollerse, para tódolos efectos, ó ámbito persoal deste convenio.

Para as situacións ou circunstancias non previstas no presente convenio serán de aplicación as normas e leis vixentes.

Capítulo II

Vixencia e garantías

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2003 e a súa vixencia é de dous anos sendo prorrogado tacitamente por períodos anuais todo o seu contido, se calquera das partes non o denunciara con antelación dun mes como mínimo á data de expiración do convenio ou de calquera das súas prórrogas, agás os aspectos salariais que serán obxecto de negociación anualmente.

Manterase ata que sexa substituído por outro convenio.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio apróbase en consideración á integridade das prestacións e contraprestacións así coma a tódalas condicións establecidas no conxunto do seu articulado.

Por conseguinte, calquera alteración que se produza por anulación ou modificación dunha ou varias das partes do convenio, ou como consecuencia da actuación de organismos oficiais e/ou xurisdiccionais nos trámites de aprobación, daría lugar á revisión total do convenio, co fin de consideralo inte

gramente e mante-lo equilibrio do seu contido obrigacional.

Artigo 5º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións persoais que en concepto de percepcións de calquera clase no seu conxunto, sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 6º.-Rendemento.

Para consegui-las melloras que neste convenio se estipulan, é necesario, e así o programamos e convimos mellora-la productividade da empresa, base sobre a cal se determinan as melloras salariais e de todo tipo.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 7º.-Definición e principios xerais.

A organización do traballo ten como dobre obxectivo acadar uns niveis óptimos de productividade e de condicións de traballo e emprego na empresa, baseado nunha adecuada xestión e emprego dos recursos humanos e materiais. Dobre obxectivo que se entenden inseparables.

A facultade e a responsabilidade da organización do traballo e avaliación da producción corresponden á dirección.

Tratarase de chegar a un consenso, e cando sexa necesario o acordo dos representantes dos traballadores, seguiranse as normas establecidas para estes efectos na comisión mixta paritaria.

Artigo 8º.-Mobilidade funcional.

Por mobilidade funcional enténdense aqueles cambios dentro do mesmo grupo profesional, sempre que supoñan cambio de quenda ou cadro horario.

Non se poderá facer ningún tipo de mobilidade que supoña o cambio de operario de oficio a operario especialista, agás que sexa por mutuo acordo entre as partes. Cando a mobilidade sexa temporal percibirase a prima de desprazamento e mobilidade.

Artigo 9º.-Grupos profesionais.

O persoal afectado polo presente convenio clasificarase conforme os seguintes grupos profesionais:

I. Técnicos.

Superiores.

Medios.

Non titulados.

II. Empregados de oficina.

Delineante.

Analista laboratorio.

Auxiliares laboratorio.

Administrativos.

Auxiliares administrativos.

Telefonista.

Subalternos.

III. Operarios.

De oficio.

Especialistas.

(Criterios xerais e funcións no anexo 17).

Artigo 10º.-Mobilidade por diminución da capacidade física do productor.

Nos casos en que fose necesario efectuar mobilidade do persoal en razón da capacidade diminuída e cando tivese a súa orixe nalgunha enfermidade común, accidente de traballo ou desgaste físico natural como consecuencia dos anos de servicio, SGL procurará acomodar, na medida do posible a este persoal, antes da súa xubilación ou retiro, destinándoo a traballos adecuados ás súas condicións.

Artigo 11º.-Desprazamento.

Enténdese por desprazamento cando se despraza temporalmente a un ou varios traballadores dentro da súa quenda habitual, a outra sección que non sexa na que presta os seus servicios normalmente.

Cando sexa posible tratarase de face-los desprazamentos de xeito rotativo, entre os traballadores da sección.

Artigo 12º.-Voluntariedade.

Cando a mobilidade ou o desprazamento afecte a un posto no que existan varios traballadores nas mesmas condicións, considerarase a voluntariedade para efectuar este cambio.

Artigo 13º.-Valoración do posto de traballo.

De estar establecida ou establecerse unha valoración de postos de traballo, a súa aplicación realizarase tendo en conta as seguintes condicións:

a) Non prexudicará nin economicamente nin á categoría actual das persoas.

b) Non se aumentará o número actual de categorías, pero si será negociable a reducción destas.

c) O comité de valoración é paritario e tódolos seus membros participan en plano de igualdade.

d) A aplicación da valoración será negociada co comité de empresa.

e) Non se aplicará o resultado de dita valoración de postos de traballo se non hai acordo entre ámbalas partes (dirección e traballadores).

Artigo 14º.-Ascenso por tempo de servicio.

Os peóns e auxiliares administrativos, cando leven nas súas respectivas categorías un período de catro anos, pasarán á categoría inmediata superior, percibindo as retribucións correspondentes a esta, aínda que non supoña cambio de posto de traballo.

Artigo 15º.-Traballos de categoría superior.

Cando un traballador realice traballos de categoría superior cobrará os emolumentos do posto que ocupe durante o tempo que permaneza nel. Se estes traballos os realiza durante un período de 4 meses con

secutivos ou 8 alternos no período de 2 anos, ascenderá á categoría do posto referido, excluíndo as substitucións por servicio militar, enfermidade, accidentes de traballo, permisos de ocupación de cargos públicos ou de representación sindical.

Artigo 16º.-Función do coordinador.

Coordinador pode ser calquera traballador desta empresa, que voluntariamente acepte esta función.

Coordinador non é unha categoría, é unha función que se engade ás do posto do traballador que o exerce.

O coordinador é nomeado pola dirección por propia iniciativa ou por proposta dos traballadores da sección correspondente.

O coordinador distribuirá o traballo de acordo coas ordes recibidas, asinará os vales de almacén e as ordes de traballo para o desenvolvemento normal do traballo da súa quenda. Comunicará ó servicio de mantemento calquera anomalía, ou avaría que puidera altera-lo traballo normal da súa quenda. Comunicará ó compañeiro que o substitúa as incidencias e informacións necesarias para a continuidade do traballo normal. No caso de que se produza algunha situación que puidera altera-lo normal funcionamento do traballo, comunicarallo ó seu xefe.

Capítulo IV

Xornada laboral

Artigo 17º.-Xornada de traballo.

A xornada en cómputo anual será de 1.736 horas, para o ano 2003, agás para os traballadores a tres quendas que será 1.720 horas.

Os técnicos e administrativos, que desfruten a xornada reducida de verán farano desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ambos inclusive.

A xornada máxima diaria será de 8 horas, agás para os técnicos e administrativos que desfruten a xornada reducida do verán.

Os traballadores que o fan a quenda terán 30 minutos de descanso na súa xornada diaria, e computarase como tempo efectivo de traballo.

O descanso entre xornada e xornada será como mínimo de 12 horas.

Os traballadores que o fan a quenda normal, ou xornada partida, traballarán sábados alternos, en xornada de mañá de 5 horas.

Artigo 18º.-Fixación de horarios e quendas.

A fixación dos horarios de traballo e almanaque laboral establecerase dentro do mes de decembro, acordando para tal efecto o comité de empresa e a dirección desta, de acordo coa lexislación vixente. De non haber acordo procederase segundo o establecido na comisión mixta paritaria.

A empresa comprométese a programa-la producción tendendo a respectar ó máximo o descanso dominical dos traballadores.

Os cadros horarios dos traballadores que fan quendas farase de xeito que como máximo traballen 7 días seguidos.

Artigo 19º.-Duración das vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará dun período de vacacións de vinteseis (26) días laborables, agás os que traballen en tres quendas que terán vinteoito (28) días laborables.

Os traballadores que o fagan polo menos 8 meses a tres quendas terán dereito ós 29 días de vacacións e os que polo menos o fagan 4 meses terán dereito a 28 días.

Poderán desfrutarse durante o ano e preferentemente no verán, sempre que as necesidades do servicio o permitan.

As vacacións deberán ser tomadas sempre por días completos. O período de vacacións poderá fraccionarse cando o responsable da sección e os afectados ou interesados así o acorden, ben en atención a necesidades urxentes do servicio, ben a requirimentos destes.

O cadro de distribución de vacacións exporase dentro do primeiro trimestre do ano.

No caso de parada non programada, o persoal afecto a este deberá tomar vacacións anuais conxuntamente, quedando sen efecto o establecido no cadro de distribución de vacacións correspondente a ese taller.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas economicamente.

Artigo 20º.-Rotación do período de vacacións.

O cadro anual de vacacións elaborarase empregando un sistema rotatorio para a preferencia de elección destas.

Capítulo V

Condicións económicas

Artigo 21º.-Estructura salarial.

A estructura de retribucións deste convenio represéntase e defínese esquematicamente na forma seguinte:

* Conceptos de carácter xeral.

-Salario ou soldo segundo categorías.

-Retribución de vacacións.

-Pagas extraordinarias.

* Complemento de salario.

-Antigüidade.

-Prima de asiduidade.

-Prima de traballo nocturno.

-Prima de traballos penosos.

-Prima de quenda.

-Prima de domingos e festivos.

-Horas extraordinarias.

-Complemento de distancia.

-Prima de carencia de incentivo.

-Prima por mobilidade e desprazamento.

-Prima de coordinador.

Artigo 22º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións de xuño e decembro serán, para todo o persoal, dunha contía equivalente a unha mensualidade de xornal base + antigüidade. Os operarios terán ademais un complemento por paga segundo anexo 1.

Aboarase a de xuño, conxuntamente coa retribución do mes e a de decembro o día 16 deste rateándose cada unha delas por semestres do ano en que se conceden.

Paga de convenio:

Anualmente aboarase unha paga de convenio que se fara efectiva na primeira nómina seguinte á sinatura do convenio. A contía estipúlase no anexo 2.

Terá dereito á percepción desta paga toda persoa que pertenza ó cadro de persoal da sociedade no momento da sinatura do convenio.

Artigo 23º.-Antigüidade .

Como premio á vinculación coa empresa tódolos traballadores terán dereito a percibir un incremento de antigüidade por cada 5 anos de servicio na empresa, computados da forma que se indica a continuación:

-Data inicial do cómputo.

Para a concesión do premio de antigüidade, computarase para tódolos productores, obreiros e empregados como data inicial, a do seu ingreso na empresa.

-Tempo computado.

Para os efectos deste premio de antigüidade, terase en conta todo o tempo de servicio na empresa, calquera que sexa o grupo profesional ou categoría laboral na que se estea encadrado, estimándose como tempo de servicio:

Tódolos meses e días nos que o traballador perciba un salario ou unha remuneración, ben sexa por servicio prestado no centro de traballo da empresa, ben sexa por vacacións, licencias, accidentes de traballo ou enfermidade.

-Contía e número.

A contía que se cobrará por cada quinquenio a partir do 1 de xaneiro de 1999 será para tódalas categorías a establecida no anexo 3.

-Data de devengo.

Os aumentos periódicos por antigüidade (quinquenio) comezarán a devengarse a partir do día en que se cumpran.

Artigo 24º.-Prima de asiduidade.

1. Aplícase ó persoal obreiro.

2. A prima baséase na presencia efectiva ó traballo durante a totalidade do horario previsto.

Non se paga en caso de:

-Días de descanso.

-Horarios incompletos.

-Permisos non pagados.

-Ausencias non autorizadas.

3. O importe desta prima será de acordo co anexo 4.

4. A prima de asiduidade págase a fin de mes.

5. A prima será suprimida polo mes completo en cada un dos casos seguintes:

5.1. Dous días ou 4 medias xornadas de ausencia no mes: por razón de ausencia non xustificada.

5.2. 4 chegadas con atraso no mes. Tanto se se chega con atraso como se se sae prematuramente. Serán consideradas como atraso as paradas de traballo inxustificadas durante o horario normal.

Artigo 25º.-Prima de traballo nocturno.

Considérase traballo nocturno o realizado entre as 22 horas e as 6 horas. A contía desta prima será segundo o anexo 5.

Artigo 26º.-Traballo penoso.

A prima de traballo penoso será aplicada ó persoal asalariado de tódalas seccións de fábrica de acordo con anexo 6.

Artigo 27º.-Prima de quenda.

De acordo coa contía establecida e condicións que figuran na táboa anexo 7.

Artigo 28º.-Prima de domingos e festivos.

Esta prima queda establecida para todo traballador do SGL, ata o nivel de encargado de quenda, inclusive. A contía, establecida no anexo 8, será por día de permanencia, durante o período comprendido entre as seis horas de cada domingo e festivo e as seis horas do día seguinte. Extensiva ás quendas de sábado tarde, por un importe do 50% e sábado noite por un importe do 100% da do domingo e festivo.

Artigo 29º.-Prima por mobilidade e desprazamento.

Esta prima percibirase durante os días que estea no novo posto, nos casos seguintes:

a) Por desprazamento.

b) Por mobilidade funcional.

Enténdese por mobilidade funcional temporal, aquela mobilidade que supoña unha permanencia no novo posto inferior a un ano natural.

A súa contía figura no anexo 9.

Artigo 30º.-Prima de coordinador.

O importe desta prima será o 20% do salario base de especialista G 13.

Artigo 31º.-Horas extras.

Non se poderán realizar máis de 80 horas/home/ano. Só se poderán cobrar horas/ano, o resto compensaranse en tempo, aplicando a seguinte táboa:

Hora extra normal: 1 hora e 15 minutos.

Hora extra nocturno: 1 hora e 30 minutos.

Hora extra sábado pola tarde: 1 hora e 45 minutos incluída prima sábado.

Hora extra sábado pola noite, domingo ou festivo: 2 horas incluída prima festivo.

Cando por razóns de avaría ou reparación sexa necesario realizalas e se esgotase o máximo autorizado, as horas compensaranse en descanso, aplicando a proporción en tempo segundo a táboa arriba indicada.

Artigo 32º.-Prima de carencia de incentivo.

O persoal que non teña dereito a percibir ningunha prima ou incentivo e os encargados que fagan quendas, percibirán a final de cada ano unha prima por carencia de incentivos, que para un IPC igual ou maior ó nove por cento (9) oscilará entre o seis (6) e oito (8) por cento da súa remuneración base anual máis antigüidade. Cando o IPC sexa inferior ó nove por cento (9), a oscilación por debaixo do oito por cento (8) será proporcional. Exemplo: IPC 0,5% a oscilación será entre 6,9 e 8.

Artigo 33º.-Retribución de vacacións.

A retribución de vacacións farase segundo o salario real, que inclúe os seguintes conceptos:

1. Salario base.

2. Antigüidade.

3. Asiduidade.

4. Prima de quenda.

5. Traballo penoso.

6. Traballo nocturno.

7. Domingos e festivos.

Destas primas aboaranse as que se cobrarían no caso de actividade nese mesmo período.

Todo traballador que o solicite poderá cobrar anticipadamente unha cantidade equivalente ó seu salario ou soldo o día anterior ó comezo ou desfrute destas.

Artigo 34º.-Vacacións fóra do período estival.

O desfrute de vacacións fóra do período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, gratificarase coa cantidade establecida no anexo 11, para todo aquel que polo menos desfrute de 24 días, non necesariamente consecutivos, fóra do dito período.

No suposto de estar durante o ano máis de 6 meses en situación de ILT non procederá a gratificación establecida no parágrafo anterior.

Capítulo VI

Contratación

Artigo 35º.-Reserva do posto de traballo.

Os traballadores que cesaran na empresa por pasar á situación de invalidez provisional e no suposto de que sexan declarados aptos expresamente para o seu posto habitual de traballo, terán dereito a ser

readmitidos nel; nos demais supostos aplicarase o regulado no artigo 10º, alínea d) para diminución de capacidade física.

Será preciso que o traballador o solicite da empresa dentro da semana seguinte á declaración de aptitude, quedando a empresa obrigada a proporcionarlle ocupación efectiva no prazo máximo de 15 días seguintes na data na que o traballador formulase a súa petición de ingreso. Se non o fixese así, quedará liberado da obriga de reserva do posto de traballo.

Artigo 36º.-Ocupación de novo posto ou vacante.

As vacantes e postos de nova creación serán anunciados ó persoal con indicación das cualidades requiridas e sistema de selección. Entregaráselle a cada aspirante un temario sobre a materia, cunha antelación mínima de 15 días, agás que o posto deba de cubrirse inmediatamente, para que quen se considere apto, poida solicitalas e participar no concurso de coñecementos, aptitudes e capacidades persoais. O productor que sexa designado para o novo posto, demostrará a súa adaptación a este en calidade de proba, podendo rexeitar voluntariamente, e no caso de non supera-la proba, poderá recupera-lo seu antigo posto de traballo. Realizarase o cambio de categoría de servicio no caso positivo unha vez transcorrido un mes, logo do acordo co interesado.

No caso de que se tome persoal do exterior, e de entre os solicitantes figure un ou máis orfos, fillos, viúvas ou irmáns de traballadores de SGL, estes terán e por esta orde, preferencia para acceder ó posto de traballo en igualdade de condicións con outros solicitantes.

Do establecido neste artigo, quedan agás os postos que impliquen mando. Cumprirase en todo momento a normativa de emprego.

Na comisión de selección haberá un membro de cada sindicato que estea representado no comité de empresa.

Normas para a contratación de traballadores cun contrato temporal.

a) Admitiranse tódalas solicitudes (entregadas no prazo de inscrición).

b) O prazo de inscrición anunciarase cunha antelación de polo menos 4 días laborais.

c) Terán dereito a exame 15 aspirantes por cada posto que se vai cubrir, que serán elixidos por sorteo de entre tódalas solicitudes presentadas.

d) En condicións de igualdade, terán preferencia na seguinte orde: 1º parados (inscritos no paro) e 2º fillos de traballadores.

As probas de selección terán en tódolos casos unha validez dun ano sempre que a praza que se vai cubrir teña as mesmas esixencias que para as que foron feitas as probas de selección.

Os resultados das probas de selección publicaranse nos taboleiros de anuncios.

Os examinados poderán ve-los seus exames.

Artigo 37º.-Contrato de aprendizaxe.

Farase de acordo coa lexislación vixente.

Antes de facer un contrato de aprendizaxe, acordarase co comité un plan de formación que será para un oficio, podendo formalo ademais como especialista. O soldo ou salario será o mínimo interprofesional.

Artigo 38º.-Contrato en prácticas.

Farase de acordo coa lexislacion vixente.

O soldo ou salario será o 80% do do convenio no primeiro ano, e o 90% no segundo ano.

Informarase o comité antes da súa contratación.

Artigo 39º.-Contratos de posta á disposición.

Anualmente fixaranse os postos ou funcións para os cales se pode recorrer a este tipo de contratos.

Artigo 40º.-Extinción de contratos.

Se SGL Carbón Group, S.A. propuxese expediente de extinción de contratos, a dirección desta fará entrega ós representantes dos traballadores da documentación necesaria para a axeitada valoración da situación alegada, ademais dos datos económicos presentarase un plan industrial de viabilidade.

Este expediente será negociado cos representantes dos traballadores e os seus asesores durante un tempo de trinta días naturais, podendo recorrer dentro deste prazo á mediación, antes de acudir á xurisdicción competente. A dirección da empresa respectará as resolucións dos xuíces, dándoas por válidas.

Artigo 41º.-Período de proba.

O ingreso entenderase provisional mentres non se cumprise o período de proba que, para cada grupo profesional, se especifica a continuación:

a) Empregados titulados: 4 meses.

b) Empregados técnicos non titulados: 2 meses.

c) Empregados administrativos, empregados subalternos, operarios de oficio e operarios especialistas: 15 días.

Só se entenderá que o traballador está sometido a período de proba se así consta expresamente por escrito.

Capítulo VII

Promoción profesional

Artigo 42º.-Principios xerais.

Os traballadores vinculados polo presente convenio terán dereito á promoción profesional e económica dentro da empresa, e a que esta se regule garantindo os principios constitucionais de igualdade de trato e non-discriminación, polo que non se poderán aplicar criterios e/ou condicións que exclúan a ningún colectivo, agás os determinados pola función profesional.

En todo caso terase en conta a formación, os méritos, a antigüidade, así como as facultades organizativas do empresario.

Artigo 43º.-Sistema e procedemento.

A dirección da empresa e os representantes dos traballadores establecerán, de mutuo acordo, o procedemento necesario para garantir este dereito, polo que se establecerán como mínimo as seguintes condicións:

1. Nivel de coñecementos para cada posto e categoría, adaptados ás necesidades reais deste.

2. Probas de aptitudes adaptadas ós niveis profesionais do posto a que se concurse.

3. Valoraranse os cursos de formación ós que se asistise, con resultado satisfactorio.

Capítulo VIII

Formación

Artigo 44º.-Principios xerais.

Co obxecto de consegui-lo desenvolvemento persoal e profesional dos traballadores, unha maior eficacia económica que mellore a competitividade da empresa e a adaptación ós cambios motivados tanto polo proceso de innovación tecnolóxica como novas formas de organización do traballo, promoverase a formación continua dos traballadores.

Artigo 45º.-Planificación e financiamento.

Cada ano a dirección e os representantes dos traballadores elaboran un plan de formación, o cal terá en conta as necesidades presentes e futuras da empresa e terán en conta as propostas dos traballadores encamiñadas a satisface-las necesidades presentes e futuras da empresa.

A dirección e os representantes dos traballadores aproveitarán ó máximo as posibles subvencións que para este fin poidan da-los distintos organismos, e a dirección orzará unha partida anualmente que complementará as achegas recibidas.

Artigo 46º.-Promoción de estudios profesionais.

Calquera traballador fixo de SGL Carbón Group, S.A. que desexe realizar estudios profesionais ou técnicos, relacionados coas necesidades presentes ou futuras da empresa, terá dereito a que a sociedade lles aboe o 75% do custo total dos ditos estudios.

A insuficiencia académica durante dous anos consecutivos é causa suficiente para suprimir esta axuda.

Capítulo IX

Permisos

Artigo 47º.-Licencias retribuídas.

Ós traballadores que o soliciten e logo da xustificación das súas necesidades, seranlles concedidas licencias sen perda de retribución polos motivos seguintes:

-Por matrimonio, quince días naturais, no caso de que un dos contraentes sexa o propio traballador e un día natural, no caso de que algún dos contraentes sexa familiar en liña directa.

-Por nacemento de fillos, 3 días laborables, podéndose ampliar ata 3 máis naturais, no caso de complicacións de parto debidamente xustificadas.

-Por enfermidade grave ou morte de pais, irmáns, avós, fillos e cónxuxe, 3 días naturais que poderían ampliarse ata 1 día máis, cando o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto.

-Por intervención cirúrxica:

1 día de permiso por calquera intervención. Se dentro das 24 horas sobrevén unha gravidade completarase o permiso con dous días máis.

Se despois de efectuada a dita intervención sobrevén unha gravidade, desfrutarían os tres días a pesar de ter desfrutado o primeiro por unha intervención que non parecía revestir esa gravidade.

3 días de permiso se a intervención se efectúa con anestesia xeral.

Estes permisos faranse extensibles para os familiares políticos anteriormente citados. No caso de parellas de feito xustificarase con certificado de convivencia.

-Por falecemento de tíos carnais: 1 día natural.

-1 día por falecemento de netos.

-Por traslado do seu domicilio habitual: 2 días.

-Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

-Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo esa consulta sexa prescrita polo facultativo de medicina xeral da Seguridade Social, debendo presentar previamente o traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de dezaseis horas ó ano.

-En canto ó período de baixa por parto, aplicarase o que determina a lei.

Estes permisos, en todo o caso, non terán ningunha relación co desfrute das vacacións anuais.

Artigo 48º.-Licencias especiais.

Os traballadores poderán solicitar, sen dereito a ningunha retribución, dúas licencias especiais ó ano, que non deberán exceder normalmente de dez días entre ámbalas dúas, sen que supoña unha exclusión do cómputo de antigüidade, sendo facultade da empresa a súa concesión.

Artigo 49º.-Excedencia.

Poderán solicitar excedencia aqueles traballadores con antigüidade na empresa de polo menos un ano. A petición formularase por escrito debendo ser resolta ós 15 días da súa formulación. O comité de empresa tramitará perante a dirección tódalas peticións de excedencia. A concesión destas farase de acordo co artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

A comisión mixta estudiará cada caso das solicitudes de excedencia que o sexan con motivo de atención a familiares a cargo ata o primeiro grao de consangüinidade ou afinidade.

Capítulo X

Prestacións complementarias

Artigo 50º.-Enfermidade ou accidente.

Tódolos traballadores suxeitos ó presente convenio, que se atopen en situación de baixa por enfermidade ou accidente, percibirán con cargo á empresa a compensación económica necesaria, co fin de percibi-lo cento por cento (100%) do seu salario real, definido este no artigo 33º, agás prima de domingos e festivos, sempre que o médico de empresa corrobore a baixa, para o cal poderá efectua-las visitas domiciliarias que considere oportunas. A dita compensación farase efectiva dentro dos catro primeiros días hábiles de cada mes.

Para efectos de facilita-la corroboración por parte do médico da empresa, e co fin de que poida dispoñer de datos obxectivos para iso, o traballador que se atope de baixa deberá presentarse no servicio médico os mércores ou xoves, sempre que a súa enfermidade ou accidente llo permita.

O servicio médico de empresa fixará a frecuencia das sucesivas visitas de acordo co diagnóstico.

Artigo 51º.-Axuda de estudios.

Tódolos traballadores percibirán unha axuda de estudios por cada fillo, sen facer excepción daqueles que o fagan en academias ou centros non oficiais recoñecidos polo ministerio do ramo.

SGL Carbón Group, S.A. procurará no posible estende-la axuda de estudios para orfos de productores no caso de necesidade manifesta.

Os importes establécense no anexo 12.

Sobre as cantidades que correspondan segundo o anexo 12, como topes máximos, aplicarase un coeficiente corrector, segundo o número de fillos que perciban axudas de estudios, de acordo coa seguinte táboa:

Nº de fillosCoeficiente

11

21,15

31,30

41,45

51,60

61,75

71,90

8 ou máis2

As axudas concedidas satisfaranse no mes de setembro e serán percibidas, polos que cumpren os requisitos, tendo en conta os resultados académicos do ano anterior, agás no primeiro ano de cada ciclo.

Perderase este dereito:

-Por pasa-lo fillo a idade de 30 anos.

-Por non poder demostra-la dependencia económica.

-Por ser titulado superior.

Por outra banda, percibirase a axuda de estudios cando, despois de rematar unha carreira universitaria de ciclo curto, se curse outra carreira universitaria ou técnica superior.

-Por insuficiencia académica durante dous cursos consecutivos en COU, FP e BUP.

-Por insuficiencia académica, en estudios universitarios ou técnicos superiores e en estudios universitarios de ciclo curto, de acordo cos seguintes criterios:

Non aprobar polo menos 1 materia o primeiro ano.

Non aprobar polo menos 3 materias no segundo ano.

Non aprobar, polo menos, o número medio de materias que resulte de dividi-lo número total de materias da carreira entre o número de anos de duración media que figuran na táboa siguiente, a partir do terceiro ano.

Cando o número de materias aprobadas nun ano sexa inferior ó mínimo sinalado nos parágrafos anteriores, teranse en conta as materias aprobadas e o número de anos transcorridos desde o comezo da carreira.

-Excede-lo número de anos de duración media que para cada carreira figuran na táboa sinalada.

-Por cambiar máis dunha vez de carreira, non computándose como cambio o abandono doutros estudios realizados en espera de obter praza na facultade elixida, se se comunicou inicialmente á sociedade.

Cando se cambie de carreira despois do segundo ano, computarase ese tempo como se estivese matriculado na nova carreira que inicia.

Recuperarase este dereito cando se cumpran de novo as condicións establecidas.

As normas sobre insuficiencia académica non serán de aplicación ós fillos con minusvalidez psíquica, que se matriculen en centros escolares ou ocupacionais.

Os casos extraordinarios que puideran presentarse serán sometidos á decisión da comisión mixta.

Táboa de duración de carreiras:

CursosDuración media EspañaDuración media SGL Carbón, S.A.

Xeografía-historia55.337

Filosofía55.337

Belas artes44.766

Mestre EXB33.434

Dereito55.577

Económicas55.367

Políticas55.798

C. información55.19

Empresariais34.085

Traballo social33.505

Química55.507

Física55.778

Matemáticas56.238

Bioloxía55.127

Xeoloxía55.207

CursosDuración media EspañaDuración media SGL Carbón, S.A.

Veterinaria55.888

Farmacia56.008

Medicina66.478

Enfermería33.204

ES industrial66.699

ES telecomunicacións66.298

ES agrónomo55.507

ES camiños67.209

ES arquitectura66.879

Informática

EU óptica

EU industrial34.286

EU telecomunicacións34.085

EU agrícola34.115

EU arquitectura34.756

EU informática34.676

EU obras públicas34.005

EU topografía33.334

EU minas34.566

EU forestal33.505

Artigo 52º.-Premio extraordinario por anos de servicio.

A partir da entrada en vigor do presente convenio 1 de xaneiro de 2001 e durante o período da súa vixencia, premiarase a permanencia na empresa da seguinte forma:

-Ó persoal que cumpra 20 anos de servicio, medalla de bronce e dúas mensualidades para os empregados ou 60 días para os obreiros.

-Ó persoal que cumpra 30 anos de servicio, medalla de prata e tres mensualidades para os empregados ou 90 días para os obreiros.

-Ó persoal que cumpra 40 anos de servicio, medalla de ouro e 4 mensualidades para os empregados ou 120 días para os obreiros.

Considérase base para o cálculo destes premios extraordinarios, o conxunto de conceptos retribuídos que integran o artigo 33º (agás prima de domingos e festivos).

Exemplo: 20 anos, 2/12 da remuneración teórica anual.

Devengarase no mes natural no que se cumpran os anos de servicio especificados.

Artigo 53º.-Comedor.

A empresa manterá un comedor para uso dos seus productores, sendo ó seu cargo a nómina do persoal necesario, a instalación e mantemento, participando o traballador no 50% do custo dos artigos alimenticios empregados na elaboración da comida.

Por proposta do comité de empresa e coa aceptación do persoal, nomearase un delegado de comedor, sendo a súa misión a vixilancia da calidade, cantidade e custo das comidas. Tamén se ocupará do establece

mento dos menús, para o que deberá contar coa colaboración voluntaria do persoal.

Prolongarase o tempo de servicio do comedor ata as 14 horas 15 minutos para todo o persoal que excepcionalmente se vexa obrigado a comer na fábrica.

Artigo 54º.-Roupa de traballo.

SGL Carbón, S.A. facilitará anualmente dúas fundas de boa calidade, dúas toallas e ó persoal subalterno un traxe cada ano, así como un complemento en metálico en concepto de axuda para a adquisición doutras pezas de roupa de traballo e lavandería, que se establece no anexo 13 e que se farán efectivas na nómina do mes de maio.

Unha cazadora cada catro anos.

Artigo 55º.-Préstamos para adquisición de vivenda fogar.

Todo traballador de SGL poderá solicita-la concesión dun crédito de ata 2.376.000 pesetas/14.280,05 euros, por unha soa vez ata a súa amortización, ó 1,5% de xuro e para amortizar en 7 anos e deberá solicitarse antes do 30 de xuño.

No ano concederanse como máximo dez (10) préstamos, cando non se concedan máis de cinco (5). Estes poderán ser do dobre da cantidade establecida tendo en conta que o saldo vivo non exceda de 40 millóns de pesetas/240.404,9 euros.

No caso de enfermidade grave xustificada debidamente de pais, fillos ou cónxuxe, terá dereito ó mesmo crédito sen xuro e co mesmo prazo de amortización.

Artigo 56º.-Seguro colectivo de vida.

SGL ten establecido un seguro colectivo de vida coa compañía de seguros Alianz para todo o cadro de persoal fixo. Terase dereito a este seguro a partir do momento do ingreso en SGL. As condicións serán as seguintes:

1. Pagamento dun capital de 2.900.000 pesetas (dous millóns novecentas mil)/17.429,36 euros no caso de que o asegurado faleza durante a vixencia da póliza.

2. Pagamento anticipado de capital garantido para casos de falecemento, se o asegurado resulta afecto de invalidez absoluta e permanente.

3. Pagamento doutro capital igual ó garantido para casos de falecemento, se o asegurado morre a causa de accidente, 5.800.000 pesetas (cinco millóns oitocentas mil)/34.858,71 euros.

Ademais do establecido no parágrafo anterior, SGL ten contratado outro seguro coa compañía AXA, garantindo os capitais seguintes no caso de falecemento ou de incapacidade profesional total e permanente do asegurado.

SalariosCapital base

De 1.000.000 a 2.000.0005.840.000 pesetas/35.099,11 A

De 2.000.001 a 3.000.0008.136.000 pesetas/48.898,35 A

De 3.000.001 a 4.000.00011.351.000 pesetas/68.220,89 A

O capital asegurado será dobre en caso de invalidez profesional por accidentes ou morte por accidente e triple no caso de falecemento por accidente de circulación.

Os capitais base incrementaranse en 676.000 pesetas/4.062,84 euros por cada fillo menor de 18 anos, cun máximo de 6 fillos para os empregados que teñan un salario igual ou inferior a 3.900.000 pesetas/23.439,48 euros, limitándose a 4 fillos cando supere os 3.900.000 pesetas/23.439,48 euros.

Artigo 57º.-Prestacións complementarias.

SGL Carbón, S.A., A Coruña aboará ós seus traballadores unha paga complementaria, no primeiro trimestre de cada ano.

A contía será igual ó 16% da diferencia entre o seu soldo ou salario anual e a base da Seguridade Social.

Esta diferencia non excederá o límite de 2 veces o tope da Seguridade Social do seu grupo de tarifa.

Computaranse para estes efectos os conceptos ordinarios da estructura salarial (artigo 21º).

Cando a diferencia resultante sexa negativa ou máis pequena cá do ano anterior, a achega será a do ano anterior incrementada no IPC correspondente ó dito ano.

Cando se contrate un traballador a achega (no suposto de diferencia negativa) será igual como mínimo á que perciba outro traballador de igual categoría ou similar.

Capítulo XI

Dereitos sindicais

Artigo 58º.-Principios xerais.

O comité de empresa terá as competencias e dereitos que regula o artigo 64 do Estatuto dos traballadores, como Lei orgánica de liberdade sindical, así como as especificamente definidas no presente convenio. Igualmente recoñécese a capacidade de interlocución e representación das seccións sindicais constituídas de acordo co presente convenio.

Artigo 59º.-Asembleas.

A empresa autorizará a celebración de 2 asembleas retribuídas en horas de traballo, de 2 horas de duración cada unha, para informar sobre o anteproxecto e outra para someter á súa ratificación o convenio aprobado pola comisión negociadora.

Se houbera que celebrar outras asembleas de carácter distinto ás anteriores, deberá comunicarse cunha antelación de 48 horas a orde do día.

A súa autorización por parte da empresa é discrecional.

Artigo 60º.-Seccións sindicais.

Recoñécense as seccións sindicais de empresa actuais, con independencia do número de traballadores do cadro de persoal, nas seguintes condicións:

a) Un representante por sindicato.

b) Estes representantes e os membros do comité pertencentes a estas seccións sindicais, contarán cun número de 25 horas por membro ó mes, coas que formarán unha conta mensual de horas globais para cada sección, que poderán ser empregadas indistintamente por calquera dos seus membros.

O tempo empregado en reunións coa dirección non se computará.

c) Os membros e representantes destas seccións comprométense a non causar coa súa ausencia por este motivo, a paralizacion do taller correspondente.

Artigo 61º.-Cotas sindicais.

Por petición escrita do traballador, SGL Carbón, S.A. reterá, das respectivas nóminas as cotas sindicais, entregando a recadación ó representante da central correspondente, ou ingresándoo no banco que este indique.

Capítulo XII

Código de conducta

Artigo 62º.-Exposición de motivos.

Este capítulo relaciona as normas de conducta nas relacións laborais e os medios para facelas respectar no ámbito da empresa, sen prexuízo das competencias propias da xurisdicción penal.

Abrangue dous ámbitos:

a) Das relacións dos traballadores entre si.

b) Das relacións da dirección e os seus representantes cos traballadores.

En todos eles a dirección pode exercer funcións de proposta e execución de acordo coas normas do presente convenio.

Con respecto á alínea b) os representantes dos traballadores teñen capacidade de proposta.

Os traballadores poderán ser sancionados polos órganos da dirección en virtude de incumprimentos laborais de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen neste capítulo e con estricta aplicación do procedemento establecido (no artigo 64º deste convenio). En tódolos casos os traballadores poderán acudir á xurisdicción laboral de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 63º.-Graduación das faltas.

As conductas sancionables como consecuencia e con ocasión do seu traballo poderán ser, en atención á súa importancia, reincidencia, reiteración ou intencionalidade:

1. Faltas leves:

a) A falta de respecto con compañeiros, subordinados ou superiores.

b) A neglixencia, atraso ou descoido inescusable no cumprimento do seu traballo que non teña consecuencias sobre a seguridade e/ou o traballo doutros traballadores.

c) O incumprimento ou abandono das normas e medidas de seguridade e hixiene establecidas.

d) Non comunicar coa debida antelación a falta ó traballo por causa xustificada (pódese proba-la imposibilidade de facelo). En todo caso nas 24 horas seguintes.

e) De 2 a 4 faltas de puntualidade inxustificadas no mes.

f) A ausencia inxustificada do posto de traballo sen autorización.

g) O descoido na conservación de locais, instalacións, material e documentos ó seu servicio.

h) Non comunica-los cambios de enderezo para efectos de notificacións.

2. Faltas graves:

a) O incumprimento de ordes ou instruccións dos seus superiores.

b) O atraso inescusable no cumprimento das instruccións ou a súa obstaculización.

c) O incumprimento ou atraso inescusable das obrigas concretas do posto de traballo e as neglixencias das que se deriven ou poidan derivarse prexuízos graves: propios, para outras persoas, instalacións, materiais ou documentos.

d) Abandono sen causa xustificada das funcións do posto de traballo.

e) Diminución da productividade normal sen causa xustificada.

f) O incumprimento ou abandono das normas e medidas de seguridade e hixiene establecidas cando destes poidan derivarse riscos para a saúde e a integridade física do traballador ou doutros traballadores.

g) Non comunicar inmediatamente as circunstancias relevantes que poidan influír no desenvolvemento do traballo asignado.

h) Os malos tratos de obra ou palabra cos compañeiros, subordinados ou superiores.

i) A falta de asistencia ó traballo, sen causa xustificada, durante un día no período dun mes.

j) Dúas ou máis faltas leves no período dun mes, se delas se producise notificación, amoestación ou sanción, aínda que sexan de distinta natureza.

k) Non comunicar nas 24 horas seguintes as causas da ausencia xustificada ou partes de baixa, agás causas de forza maior.

l) Empregar para uso propio material ou instalacións da entidade.

3. Faltas moi graves:

a) A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza.

b) A manifesta e reiterada indisciplina ou desobediencia no traballo que fora amoestada ou sancionada.

c) A negativa a prestar traballo extraordinario, imprevisto e inaprazable cando así llo ordene o seu xefe por escrito.

d) Falseamento de datos ou información relativos ó seu traballo ou simular presencia doutro traballador.

e) A falta de asistencia ó traballo, sen causa xustificada, durante 3 ou máis días no período dun mes.

f) As faltas reiteradas de puntualidade: máis de 7 no mes ou 12 en 3 meses, non xustificadas, que foran amoestadas ou sancionadas.

g) A diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo normal, sempre que fora sancionado.

h) O incumprimento das obrigas concretas do posto de traballo e as neglixencias que produzan danos moi graves a outras persoas ou importante deterioración da producción, instalacións, material ou documentos.

i) As agresións físicas ós compañeiros, subordinados ou superiores.

j) Realizar traballos por conta propia ou allea estando en situación de incapacidade laboral.

k) Realizar actividades particulares durante a xornada de traballo.

l) Abuso de autoridade por parte dos superiores.

ll) A embriaguez e toxicomanía se repercute no traballo.

m) A reincidencia en faltas graves ou moi graves, aínda cando sexan de distinta natureza, excluídas as de puntualidade.

Artigo 64º.-Proceso sancionador.

-As faltas comunicaranse por escrito ós traballadores e ós seus representantes (comité e seccións sindicais).

-As faltas graves comunicaranse previamente ó comité.

-Nas faltas moi graves precisarase expediente contradictorio; notificando o prego de cargos simultaneamente á persoa afectada e á representación dos traballadores.

O prego de descargos e o informe da representación dos traballadores emitirase no prazo de 5 días laborais.

Só ó finaliza-lo expediente contradictorio poderá formularse proposta de sanción ou nulidade do expediente.

Deberán practicarse, no prazo de 10 días naturais, as probas propostas polo traballador cando fosen razoables. O traballador poderá examina-la totalidade do expediente, en calquera momento anterior á súa finalización e face-las alegacións que coide oportunas.

-O expediente deberá concluír no prazo máximo de 20 días naturais.

-As posibles faltas prescribirán cando tendo coñecemento os que teñen capacidade de iniciativa non a exerceran nos prazos seguintes:

Leves: 6 días.

Graves: 20 días.

Moi graves: 60 días.

Artigo 65º.-Sancións.

-As sancións aplicables ás faltas leves serán:

Amoestación escrita.

Suspensión de 1 día de emprego e soldo.

-As sancións aplicables ás faltas graves serán:

Suspensión de 2 a 15 días de emprego e soldo.

-As sancións aplicables ás faltas moi graves serán:

Supensión de 15 a 30 días de emprego e soldo.

Traslado do posto de traballo.

Despedimento.

Artigo 66º.-Caducidade de faltas.

As faltas caducarán e non poderán ser de referencia a ningún efecto transcorridos os seguintes prazos:

-Leves: 1 ano.

-Graves: 18 meses.

-Moi graves: 2 anos.

Capítulo XIII

Comité de seguridade e saúde

Artigo 67º.-Principios xerais.

SGL Carbón, S.A. considera como obxectivo prioritario a saúde e a seguridade, consecuentemente con este obxectivo desenvolverá as accións e medidas contidas na lexislación vixente así como as directivas da UE.

Artigo 68º.-Composición e estructura.

A estructura da seguridade esta formada por:

a) Un comité central.

b) Comités locais ou de sección.

1. O comité central estará formado por:

Catro delegados de prevención designados por e entre os representantes do persoal.

Catro representantes do emrpesario.

2. Comité local ou de sección estará formado por:

a) Xefe de sección e por tódolos traballadores dela.

Artigo 69º.-Cometido e funcionamento.

1. O comité central establecerá os obxectivos anuais, estudiará os accidentes e incidentes auditará os comités locais, elaborará os informes mensuais e anuais, establecerá os plans de formación de seguridade e

tratará todo o relacionado coa seguridade e saúde laboral.

Celebrarán unha reunión ordinaria mensual.

2. Os comités locais estudiarán os accidentes e incidentes elaborando un informe de conclusións estudiarán e proporán cambios das normas de seguridade, auditarán e elixirán os auditores da súa sección, e establecerán os seus obxectivos en seguridade.

Celebrarán unha reunión ordinaria semanal.

3. Todo accidente con baixa será estudiado por unha comisión formada por:

Servicio de prevención:

-O xefe de taller e o secretario do comité central.

-Dous membros do comité de empresa.

-O persoal que o xefe de taller designe e, se é posible, o propio accidentado.

Capítulo XIV

Comisión mixta paritaria

Artigo 70º.-Principios xerais.

A comisión mixta paritaria tratará de implantar un sistema de mediación nos conflictos e desacordos que se basee na consecución do consenso entre as partes e evitar na medida do posible a súa xudicialización.

Artigo 71º.-Funcións.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

-Interpretación auténtica do convenio.

-Os problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

-Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal poidan corresponder ós órganos competentes.

-Vixilancia do cumprimento do pactado.

-Estudio da evolución das relacións entre as partes contratantes.

-Entender en cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Artigo 72º.-Composición e funcionamento.

A comisión intégrana a dirección e os representantes dos traballadores (comité e seccións sindicais), determinando as partes en cada momento quen os presenta.

Ás reunións poderán acudir acompañados dos seus asesores.

A dirección proporcionará a información necesaria e permitirá que os asesores designados realicen os estudios e comprobacións necesarias.

A comisión reunirase cantas veces sexa necesario para o cumprimento das súas funcións.

A convocatoria farase por petición dunha das partes, e terá que reunirse dentro do prazo mínimo de 24 horas e máximo de 4 días. Se as partes o acordan poderán fixar outros prazos.

Coa petición de convocatoria farase entrega da orde do día proposto.

Os acordos tomaranse por unanimidade. En caso de desacordo ámbalas partes, dentro do prazo de negociación, recorrerán a un mediador antes de acudir á xurisdicción competente.

ANEXO 1

Complem. pagas extras operarios: 229,84 A.

ANEXO 2

Paga de convenio: 678,84 A.

ANEXO 3

Quinquenios-mes: 51,45 A.

ANEXO 4

Prima de asiduidade/día: 4,31 A.

ANEXO 5

Prima de traballo nocturno:

Pesetas/euros/hora.

ESPE.G7: 1,209 A.

ESPE.G8: 1,235 A.

ESPE.G9: 1,251 A.

ESPE.G10: 1,272 A.

ESPE.G11: 1,290 A.

ESPE.G12: 1,304 A.

ESPE.G13: 1,328 A.

ESPE.G14: 1,349 A.

OFI.1-G3: 1,328 A.

OFI.1-G4: 1,349 A.

OFI.1-G5: 1,366 A.

OFI.2-G3: 1,251 A.

OFI.2-G4: 1,271 A.

OFI.2-G5: 1,290 A.

OFI.3-G3: 1,172 A.

OFI.3-G4: 1,187 A.

OFI.3-G5: 1,209 A.

ANEXO 6

Prima de traballo penoso:

Importe I: 0,259 A.

Importe II: 0,316 A.

Importe III: 0,371 A.

Importe IV: 0,451 A.

Importe V: 0,534 A.

Grao

SecciónIIIIIIIVV

Crusx
Impregnaciónx
Fornos soleira móbil
-Conductorx
-Cargadorx
Grafitaciónx
Rascadox
Control
-Carretasx
-Toma mostras mecaniz.x
-Mostras controlx
A.P.A.x
Mecanizadosx
SGVx
T. eléctricox
T.M. centralx
T.M. crusx
Variosx

ANEXO 7

Prima de quenda/día:

Mañá/tarde/noite: 2,19 A.

Mañá/tarde: 1,10 A.

ANEXO 8

Prima domingos e festivos: 37,36 A.

ANEXO 9

Prima desplazamento: 2,23 A.

ANEXO 10

Horas extras:

Trab. diurno días laborables: 18,57 A.

Trab. nocturno e días festivos: 23,01 A.

ANEXO 11

Prima de vacacións fóra do período estival: 145,59 A.

ANEXO 12

Axuda de estudios:

Tipo de estudios.

Ensino superior e media fóra da Coruña: 616,45 A.

Estudios libres ou na Coruña: 259,93 A.

COU e FP-3 (estudios oficiais e libres): 172,91 A.

EGB, BUP e FP 1º e 2º grao: 148,52.

Preescolar 1º e 2º: 90,27.

ANEXO 13

Roupa de traballo: 77,4 A.

ANEXO 14

Préstamos para a adquisición de vivenda fogar: 15.492,88 A.

ANEXO 15

Táboa salario base persoal horario

ESPE.G7: 1.335,34 A.

ESPE.G8: 1.361,27 A.

ESPE.G9: 1.379,92 A.

ESPE.G10: 1.401,36 A.

ESPE.G11: 1.421,62 A.

ESPE.G12: 1.440,67 A.

ESPE.G13: 1.463,75 A.

ESPE.G14: 1.488,45 A.

OFI.1-G3: 1.464,16 A.

OFI.1-G4: 1.488,45 A.

OFI.1-G5: 1.507,89 A.

OFI.2-G3: 1.379,92 A.

OFI.2-G4: 1.401,36 A.

OFI.2-G5: 1.421,62 A.

OFI.3-G3: 1.293,61 A.

OFI.3-G4: 1.315,48 A.

OFI.3-G5: 1.335,34 A.

ANEXO 16

-Táboa de soldos técnicos:

Medios: 34.738 A.

Non titulados: 20.640 A.

-Empleados de oficina:

Delineantes:

Delineante proxectista: 20.640 A.

Delineante de 1ª: 18.558 A.

Delineante de 2ª: 17.543 A.

Analistas:

Analista de 1ª: 18.558.

Analista de 2ª: 16.929 A.

Aux. laboratorio: 15.687 A.

Administrativos:

Oficial de 1ª: 18.558 A.

Oficial de 2ª: 16.929 A.

Auxiliar: 15.687 A.

Telefonista: 16.929 A.

Subalternos:

Chófer de turismo: 17.543 A.

Vixilantes, porteiros: 16.929 A.

Conserxe: 15.687 A.

ANEXO 17

* Crus.

-Categoría: polivalente A.

Formación: BUP/FP1.

Funcións:

EG.11. Moenda, pesada, mesturado, xornal, foxo e refugallo, segundo consignas de postos.

EG.12. Ademais, coñece, emprega e interpreta SPC e cartas de control, o que lle permite accións de regraxe ou conducción de tipo preventivo.

EG.13. Ademais das anteriores realiza funcións de mantemento:

Gamas de preventivo de ata frecuencias quincenais ou mensuais.

Reparacións elementais de reapertar, realiñar, ou cambio de células, barreiras, finais de carreira, bobinas electroválvulas, flectores, latiguillos, aceite, etc.

-Categoría: polivalente B.

Formación: 2º ciclo EXB.

Funcións:

EG.10. Realiza polo menos catro dos postos da sección (pesada, mesturado, xornal, foxo e refugallo) segundo consignas de postos. Polivalencia en grafitación.

EG.11. Ademais das anteriores realiza mantemento:

Gamas de preventivo de curta frecuencia (semanal ou diaria).

Reparacións moi elementais como reapertar, realiñar, regrar, limpar, desatascar, e encher de aceite centrais hidráulicas, reductores, grupos engraxamento, etc.

* Rascado.

-Categoría: controlador.

Formación: 2º ciclo EXB.

Funcións:

EG.10. Subministra e estiba material para rascar. Rasca en la cadea automática realizando carga e descarga, controla el nº de lotes/unidades procesadas en rascado/torno e da trazabilidade, segundo consignas de postos. Realiza polivalencias como cargador de Stein.

EG.11. Ademais do anterior realiza mantemento (reapertar, realiñar barreiras ou cédulas, regras finais de carreira, enche de aceite. Executa gamas de preventivos de curta frecuencia (diarias e semanais).

* Impreg. II.

-Categoría: conductor.

Formación: BUP/FP1.

Funcións:

-EG.12. Conduce en automático e manual a instalación de impregnación II, alimenta e evacua o material procesado, segundo consignas de postos. Realiza polivalencia no posto de cargador de Stein.

-EG.13. Ademais das anteriores realiza funcións de mantemento (regraxe e recheos de aceite, substitución de elementos que no precisan axustes, como finais de carreira, bobinas electroválvulas, cambios

de xuntas, termopares. Orienta e participa en instruccións de mantemento maiores. Executa gamas de preventivo dunha frecuencia mensual/bimensual. Coñece ferramentas estatísticas tales como SPC, cartas control, o que lle permite tomar decisións e informar.

-Categoría: polivalente.

Formación: 2º ciclo EXB.

Funcións:

EG.12. Realiza-la conducción dun proceso, mediante a toma ou observación de datos actuando en función deles e das consignas de postos. Polivalencias no T. de Stein como cargador.

* Stein.

-Categoría: cargador.

Formación: 2º ciclo EXB.

Funcións:

EG.10. Realiza-la carga e descarga dos cassetes nos fornos de Stein así como o rascado e control. Carga e descarga fornos de soleiras de recocción, segundo consignas de postos.

EG.11. Coñece, emprega e interpreta SPC e follas de control.

EG.12. Ademais das anteriores realiza funcións de mantemento (reapertar, realiñar barreiras, regrar finais de carreira, encher de aceite, substitución de bobinas electroválvulas, latiguillos, flectores e en xeral elementos que non requiran axustes. Gamas de preventivo de frecuencia quincenal ou mensual.

-Categoría: conductor.

Formación: BUP/FP1.

Funcións:

EG.13. Conduce a instalación de Stein, segundo consignas de postos. Polivalencia no posto de cargador de Stein se non procede de mantº. Coñece, emprega e interpreta SPC e cartas de control.

EG.14. Ademais das anteriores realiza funcións de mantemento (cambio detección lapela, cambio e conexión de termopares, cambio de bobinas electroválvulas, cambio buxías de encendido e cambio de relés cadro).

-Categoría: polivalente.

Formación: 2º ciclo EXB.

Funcións:

EG.13. Realiza as funcións de cargador, pasando á conducción cando o requiren as necesidades organizativas, seguindo as consignas de postos.

* Grafitación.

-Categoría: conductor.

Formación: BUP/FP1.

Funcións:

EG.12. Conduce os fornos de grafitación e realiza tódolos postos da sección: pontoneiro, cargador,

flexado, serra, torre, control de resistividades. Segundo consignas de postos. Ademais das anteriores, coñece, emprega e interpreta SPC e cartas de control.

EG.13. Ademais das anteriores realiza funcións de mantemento: substitucións de elementos sinxelos que non necesitan axustes ou calibracións.

-Categoría: polivalente.

Formación: 2º ciclo EXB.

Funcións:

EG.10. Realiza polo menos as funcións de 4 dos seguintes postos: cargador, flexado, serra, conducción da torre, control de resistividades, segundo consignas de posto e taller.

EG.11. Cando realiza tódolos postos do taller.

EG.12. Realiza gamas de mantemento preventivo con frecuencia quincenal/mens.

* Mecanizados.

-Categoría: mecanización A.

Formación: BUP/FP1.

Funcións:

EG.11. Realizan roscado (copia) en METRAP e CRIDAN así como a alimentación e evacuación do torno, segundo consignas do posto e taller, coñece, emprega e interpreta SPC, cartas de control, actuando de forma preventiva.

EG.12. Coñece e pode realizar tódolos postos da sección: cilindrado, roscado, cadea de control (*), segundo consignas de posto, prepara-las máquinas e sabe modifica-los parámetros delas.

(*) Nova instalación.

EG.13. Realiza mantemento:

Gamas de preventivo con frecuencia mensual/bimensual.

Reapertar, realiñar células ou barreiras, regrar finais de carreira, encher de aceite e substitucións de elementos sinxelos, bobinas electroválvulas, latiguillos...

-Categoría: mecanización B.

Formación: FP1/oficialía.

Funcións:

EG.9. Realiza as funcións de cilindrado e serra, coñece, emprega e manexa SPC e cartas de control segundo consignas de postos.

EG.10. Ademais do anterior, coñece e pode realizar roscado en CRIDAN segundo consignas de postos.

EG.11. Ademais do anterior, coñece e pode roscar noutro dos tornos METRAP, segundo consignas de postos.

EG.12. Realiza mantemento:

Gamas de preventivo con frecuencia mensual/bimensual.

Reapertar, realiñar células ou barreiras, regrar finais de carreira, encher de aceite. Non realiza substitucións de pezas ou elementos.

-Categoría: ferramentista.

Formación: FP2/mestre industrial.

Funcións:

EG.11. Realiza-lo afiado de ferramentas, cilindrado e serra. Coñece, emprega e interpreta SPC e cartas de control, segundo consignas de posto.

EG.12. Ademais do anterior coñece e pode roscar en CRIDEN e en METRAP.

EG.13. Polivalencia en tódolos postos da sección. Realiza mantemento que non implique substitución de pezas. Gamas de preventivos quincenal/mensual do taller de ferramentas.

* Control.

-Categoría: control.

Formación: BUP/FP1.

Funcións:

EG.11. Realiza-la desmostraxe, densidades (*), control de ultrasóns en 1ª cocc. e grafitado, control de PUNDIT, recontos, remarques, polivalencia en buses e en cadea resistividade de grafitación, segundo consignas de postos.

(*) Fan o control e apuntan.

EG.12. Se coñece polo menos catro postos incluíndo as funcións que agora fan no laboratorio (ensaios destructivos, control tridimensional de electrodos e nipples, análise do coeficiente de dilatación de cokes, ensaios de expansión de cokes, control de granulados).

* Buses.

-Categoría: bus.

Formación: 2º ciclo EXB.

Funcións:

EG.10. Segundo consignas de posto e seguindo instruccións diarias por parte do responsable de programación:

Retira e/ou subministra electrodos ás distintas naves. Non realiza-lo transporte das descargas de fornos grafitados, nin a entrega de grafitado a mecanizados, nin a entrada de material mecanizado ó alm. P. rematados.

Transporta tolvas con po de mecanizados a crus, retira e amorea bandexas e rolos, retira electrodos rotos de Stein, baleira caixóns de brea, colabora no transporte de paquetes flexados.

EG.11. Retira cru a stock e controla este. Cobre parte (por quenda) das unidades crúas que retira de crus e que entrega para a carga de Stein e de cantidades de producto nos stockes que tocou. Par

ticipa na trazabilidade do producto seguindo as instruccións do stockado e comunicando as anomalías detectadas tanto en marcado como no estibado, seguindo consignas do posto.