Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 15 de setembro de 2003 Páx. 11.668

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de setembro de 2003 pola que se modifica a autorización do centro privado Santa María de Ourense.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Santa María de Ourense, no que solicita autorización para impartir unha unidade de educación especial e a ampliación de tres unidades do segundo ciclo de educación infantil.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Ourense, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación; o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16 de marzo); a Orde ministerial do 30 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro); Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizarlle ó centro privado Santa María de Ourense unha unidade de educación especial e a ampliación de tres unidades do segundo ciclo de educación infantil, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso

contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: r/ Bedoya, 9.

Denominación: Centro Privado Santa María.

Titular: Hermanos Maristas.

Código do centro: 32008604.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 9 unidades do segundo ciclo.

b) Centro de educación primaria: 18 unidades.

c) Centro de educación secundaria:

-12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

-8 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde, humanidades e ciencias sociais e tecnoloxía.

d) Centro de educación especial: 1 unidade (psíquicos).