Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 17 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución revogatoria das axudas de renda para o inicio de actividade do expediente administrativo FM341D 2001/580-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de revogación das axudas para o inicio da actividade do expediente administrativo, consonte o establecido

na Orde do 1-2-2001 (DOG nº 28, do 8 de febreiro) publícase:

Expediente de procedemento: FM 341D 2001/580-5.

Orde da convocatoria: 1-2-2001 (DOG nº 28, do 8 de febreiro).

Interesado: Adriano David Cardoso Marqués.

Enderezo: rúa Diego García Sarmiento, 2-portal, 1-6º A, 36300 Baiona.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 23 de maio de 2002, ó abeiro da Orde do 1-2-2001.

«Resolución:

Examinada a solicitude de axudas para o emprego autónomo, presentada por Adriano David Cardoso Marqués, e tendo en conta os seguintes antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 26-4-2001 e estimada na Resolución do 27-8-2001, pola que se lle concedeu ó interesado unha axuda por importe de 600.000 ptas. (3.606,07 A) por renda para o inicio da actividade.

Segundo.-Observouse defecto de forma na súa solicitude ó non reflectir correctamente o domicilio para efectos de notificación. O pagamento da subvención condiciónase á presentación da documentación e ó cumprimento das obrigas establecidas na orde de convocatoria.

Terceiro.-O beneficiario mantén débedas coa Seguridade Social segundo se desprende da certificación remitida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social do 7-5-2002.

Cuarto.-Na tramitación do presente expediente observáronse tódolos requisitos e prescricións legais.

Fundamentos:

Primeiro.-A competencia desta Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, para coñecer e resolve-la presente solicitude, vén determinada polo artigo 2 da Orde do 1 de febreiro de 2001 pola que se establecen, entre outros, o programa de fomento do emprego autónomo (DOG do 8 de febreiro).

Segundo.-A disposición adicional segunda da orde reguladora establece: o incumprimento total ou parcial de calquera das condicións, así como a duplicación da axuda polo mesmo concepto con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado, da Seguridade Social, Administración institucional, autonómica ou local ou da Unión Europea, constituirán causa determinante de revogación e do reintegro desta por parte do beneficiario, xunto co xuro de demora, de acordo co establecido no art. 78.5º da Lei 11/1992. O interesado incumpriu o requisito do artigo 8º.-Obrigas dos beneficiarios: son obrigas dos beneficiarios das axudas e subvencións: a) Acreditaren, previamente ó cobramento, que se encontran ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social (...).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Revogar e deixar sen efecto a resolución desta delegación provincial do 27-8-2001 pola que se lle concedeu unha axuda a Adriano David Cardoso Marqués por importe de 600.000 ptas. (3.606,07 A), para renda para o inicio da actividade, polos motivos expostos no fundamento segundo desta resolución.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 23 de maio de 2002 P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 17 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra