Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 17 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 11 de marzo de 2003 de desistencia das axudas de renda para inicio de actividade do expediente administrativo FM341D 2002/893-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de desistencia da solicitude das axudas de renda para inicio de actividade do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 5-4-2002 (DOG nº 72, do 15 de abril), publícase:

Expediente de procedemento: FM 341D 2002/893-5.

Orde da convocatoria: Orde do 5 de abril de 2002 (DOG nº 72, do 15 de abril).

Interesada: Ana Isabel Fortes Rey.

Enderezo: rúa Circunvalación, 35 baixo. 36670-Cuntis.

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de data 11 de marzo de 2003, ó abeiro da Orde do 5-4-2002.

«Resolución:

Examinada a solicitude de axudas para o emprego autónomo, presentada por Ana Isabel Fortes Rey, e tendo en conta os seguintes antecedentes:

Primeiro.-A solicitude foi presentada o 31-5-2002.

Segundo.-Solicítase o seguinte tipo de axuda: subvención renda para o inicio de actividade.

Terceiro.-O Servicio de Fomento do Emprego desta delegación provincial notificoulle á interesada o 5-12-2002 o requirimento de emenda da súa solicitude.

Cuarto.-A solicitante non presentou a documentación requirida no prazo concedido: facturas xustificantes do investimento.

Fundamentos:

Primeiro.-A competencia desta Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, para coñecer e resolve-la presente solicitude, vén determinada polo artigo 2 da Orde do 5 de abril de 2002 pola que se establecen,

entre outros, os programas para a promoción de emprego autónomo (DOG do 15 de abril), en relación co Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Segundo.-Artigo 4 da orde reguladora en relación cos artigos 71 e. 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Declara-la desistencia da súa solicitude.

Esta resolución pon fin a vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución, ante esta delegación provincial, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 11 de marzo de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 17 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra