Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 2003/314 e 2003/482.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

-Expediente nº: 2003/314.

Acta inf. nº 582/2003.

Empresa: Felisa Begoña Fontenla Millares.

NIF/DNI: 32755802-F.

Enderezo: Bañobre, 93 (Miño).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 2.104 euros.

Resumo da acta de infracción:

Visitada en data 3 de marzo de 2003 a obra de construcción dunha residencia de anciáns e sita en Matogrande (A Coruña), entregouse citación para a comparecencia da empresa na Inspección Provincial de Traballo. Durante a súa comparecencia (o día 12 de marzo de 2003) constatouse que carecía de todo servicio de prevención propio ou alleo e que non tiña designado ningún traballador para ocuparse da actividade preventiva da empresa. En data 18 de marzo de 2003 remítese pola empresa o concerto cun servicio de prevención alleo, pero constatouse que a data de formalización do mesmo é do 13 de marzo de 2003, polo que se comproba

que ata a data da actuación inspectora non existía organización da actividade preventiva da empresa.

Vulnéranse os artigos 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; artigos 4 a) d) e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14 e 30.1º e 2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación cos artigos 10, 12 e 16 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.15º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; tendo en conta, como circunstancia agravante, a perigosidade das actividades desenvolvidas pola empresa.

-Expediente nº: 2003/482.

Acta inf. nº 456/2003.

Empresa: Jorge Lence Vázquez.

NIF/DNI: 79310781-L.

Enderezo: rúa da Torre, 2 (Betanzos).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.503 euros.

Resumo da acta de infracción:

Visitada a obra de construcción dun edificio que executa a empresa de referencia, e requirida documentación mercantil, socio laboral e de prevención de riscos laborais á empresa, constatouse pola Inspección de Traballo que a empresa non acredita o cumprimento da obriga de organización da prevención, mediante designación dun ou de varios traballadores para que se ocupen das actividades de protección e prevención na empresa ou concertación dun servicio de prevención alleo.

Vulnéranse os artigos 10, 12, 16 e 20 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, en relación co capítulo IV da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.15º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos obrantes nos expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 6 de agosto de 2003.

P.S. (artigo 10 do Decreto 212/2003, do 3 de abril,

DOG nº 72, do 11 de abril)

Ramón del Valle López

Secretario da Delegación Provincial da Coruña