Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente ó xefe do Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior, Rafael López Charques e secretario ó xefe de grupo Constantino Alvar Cabido, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta

notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xusticia, Admón. Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993, determinándose para estos efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 5 de agosto de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NOMEDNI/NIFNº EXP.PRECEPTO INFRINX.ÚLTIMO DOMICILIOPOSIBLE SANCIÓN

JOSE ANGEL GRANDA NIETO77594676LU-E 301/0326 e) L.O. 1/1992R/ NOSA SRA. DO CARMEN - ELASA 3º B, BURELAATA 300,51 A

LIDIA GARCIA OJEA76620552LU-E 325/0323 e) L.O. 1/1992R/ DIEGO PAZOS 95, 5b, SARRIAATA 30,050,61 A E/OU CLAUSURA DO ESTABLECEMENTO POLO PERIODO DE ATA 6 MESES

AMABLE CONDE GAYOSO33828067LU-E 310/0326 e) L.O. 1/1992RUA DO VALIÑO 14, 3º A, LUGOATA 300,51 A

COVAMOURA, S.L.B-27104744LU-E 287/0326 e) L.O. 1/1992R/ ROSALIA DE CASTRO (PUB 4-70), BURELAATA 300,51 A

JAVIER ALVAREZ LOPEZ33810169LU-E 277/0323 o) EN RELACIÓN CO 26 e) LO 1/1992LOUSADELA 7, SARRIAATA 30,050,61 A E/OU SUSPENSIÓN DA LICENCIA DE APERTURA POLO PERIODO DE ATA 6 MESES

RAMON SOTO ALONSO76795318LU-E 286/0326 e) L.O. 1/1992R/ REBOREDO 52, 2º MONFORTEATA 300,51 A

MANUEL A. RODRIGUEZ FONTAO33859419LU-E 312/0326 e) L.O. 1/1992RONDA PARADAY 52, LUGOATA 300,51 A