Advertidos erros no texto da dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 160, do 20 de agosto de 2003, cómpre efectua-las seguintes correccións:
-Na páxina 10.774, no punto 7. letra a) onde di: «Clasificación: grupo M (servicios especializados).
Subgrupo 1: hixienización, desinfección, desinsectación e desratización.
Grupo U: servicios xerais.
Subgrupo 1: servicios de limpeza en xeral.
Categoría: B».
Debe dicir: «Grupo U: servicios xerais.
Subgrupo 1: servicios de limpeza en xeral.
Categoría: C».
-Na páxina 10.774, no punto 8. letra a) onde di: «Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará o día 30 de setembro de 2003», debe dicir: «Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará o día 27 de outubro de 2003.
-Na páxina 10.774, no punto 9. Apertura de ofertas, letra d), onde di: «Data: o día 10 de outubro de 2003», debe dicir: «Data: o día 6 de novembro de 2003».