Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara a utilidade pública, en concreto, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Serra de Outes, no concello de Mazaricos (A Coruña). (Expediente IN661A 11/2001).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Energías Ambientales, S.A. (no sucesivo EASA), con enderezo para efectos de notificacións en Bugallal Marchesi 20, 1º esq., 15008 A Coruña, sobre autorización e aprobación de instalacións, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial e utilidade pública do parque eólico denominado Serra de Outes; resultan os seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 19 de outubro de 2001, Ignacio Aguiriano Ramudo, en nome e representación de EASA solicitou a autorización administrativa do parque eólico de Serra de Outes, nos municipios de Mazaricos, Santa Comba, Negreira, Outes e Muros, para unha potencia de 48 MW.

Segundo.-Por resolución do 27 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña, (en adiante delegación provincial) publicada no DOG do 21-1-2002 e no BOE do 15-12-2001 someteuse a información pública para o trámite en competencia a petición de autorización administrativa do Parque Eólico de Serra de Outes. Durante o citado período de información pública a empresa Eurovento, S.L. alega que é titular dun plan estratéxico e que debido á proximidade da instalación que se solicita, podería prexudica-los parques que xa ten instalados.

Terceiro.-O 25 de febreiro de 2002, Ignacio Aguiriano Ramudo, en nome e representación de EASA solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución, aprobación do estudio de impacto ambiental e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Serra de Outes, de 44,80 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación a este

expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Cuarto.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, de data do 1 de marzo de 2002, publicada no diario Ideal Gallego do 5 de marzo de 2002, DOG do 8 de marzo de 2002, no BOP da Coruña do 11 de marzo de 2002, e no taboleiro de anuncios do Concello de Mazaricos.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Eladio Campos Barros e outros alegan que a implantación do parque eólico non respecta o planeamento urbanístico municipal, que á vista do proxecto se deduce que non queda garantido o mantemento de ruídos, vibracións e campos electromagnéticos nunhas marxes tolerables, que se rompe a harmonía paisaxística do enclave, introducindo un elemento alleo á paisaxe, que a área afectada polo proxecto destaca polo seu interese cultural e histórico e que se puidera verse afectada e, por último, que é previsible a afección sobre as especies cinexéticas e ornitolóxicas autóctonas.

2. Juan L. Tizón Presas alega que o promotor non elaborou un proxecto sectorial e a instalación do parque non se adapta ó planeamento urbanístico municipal, que a empresa non solicitou a declaración de utilidade pública, ademais de que o estudio de impacto ambiental é incompleto e carente de contido, se orienta única e exclusivamente a cubrir este necesario trámite do procedemento obviando o fin que o motiva, isto é, a protección ó medio ambiente.

3. O concello de Mazaricos alega que este encontra no turismo e a explotación de recursos naturais, unha importante fonte de ingresos económicos que poden ser compatibles co correcto aproveitamento dos recursos enerxéticos da zona onde se pretende instala-lo parque eólico. Para garanti-lo anterior resulta imprescindible corrixi-lo estudio de impacto ambiental do parque eólico tendo en conta o seguinte: unha pertinente análise de alternativas estudia

das para a situación do parque eólico, realizar unha análise real do estudio de sinerxias cos parques eólicos próximos ó solicitado, sería aconsellable aumenta-la distancia dos aeroxeradores 16, 17 e 18 ó núcleo de poboación de Corbeira o que suporía un aumento de contaminación acústica, remisión dunha nova planimetría que permita situar dunha forma máis exacta as diferentes máquinas e, por último, para executar este proxecto sería necesaria unha modificación das normas subsidiarias municipais.

Quinto.-O 26 de setembro de 2002, a delegación provincial emitiu informe sobre o citado proxecto coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

XY

Serra de OutesMazaricosV502.0004.757.075

(A Coruña)V504.0004.757.500

V504.0004.755.000

V507.5004.755.000

V507.5004.749.500

V504.5004.749.500

V502.0004.753.300

Nº de aeroxeradores: 28.

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.600 kW.

Xeradores: Ecotecnia.

Rotor de tres pas de: 74 m de diámetro.

Potencia total instalada: 44,8 MW.

Producción anual estimada: 120.960 MWh.

Investimento previsto: 33.656.677,85 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

28 aeroxeradores Ecotecnia de 1.600 kW de potencia nominal unitaria.

28 centros de transformación de 2.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/66 kV.

Subestación transformadora 20/66 kV para evacuación de enerxía producida no Parque Eólico Serra de Outes, composta por un transformador principal 20/132 kV de 50/60 MVA ONAF/ONAN de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra e protección.

Sexto.-O expediente incluíuse de forma automática dentro do conxunto de solicitudes presentadas á convocatoria anual, realizada conforme o artigo 15 do Decreto 302/2001, publicada no DOG do 25 de

novembro de 2002. Por Resolución do 3 de marzo de 2003 desta consellería, publicada no DOG do 11 de marzo de 2003, acordouse que proseguise a tramitación administrativa de autorización da primeira fase deste parque eólico para unha potencia de 34 MW.

Sétimo.-O 3 de abril de 2003 o promotor solicitou a aprobación do modificado ó proxecto de execución do Parque Eólico de Serra de Outes de 33,6 MW, e o 21 de marzo de 2003, solicitou a declaración de utilidade pública en concreto, e aprobación do proxecto sectorial do citado parque eólico, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, do Decreto 80/2000, do 23 de marzo (DOG nº 75, do 17 de abril) polo que se regulan os plans

e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e polos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 e 5 de decembro de 2002 polos que se aproba definitivamente o Plan Sectorial Eólico de Galicia e a súa posterior modificación, respectivamente.

Oitavo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, Decreto 80/2000, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial con data do 31 de marzo de 2003, publicada no diario La Voz de Galicia do 9 de abril de 2003, DOG do 10 de abril de 2003, nos BOP da Coruña do 14 e 23 de abril de 2003, e no taboleiro de anuncios do Concello de Mazaricos.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Noveno.-O 4 de xuño de 2003, a delegación provincial emitiu informe sobre o citado modificado ó proxecto coas seguintes características básicas:

Nº de aeroxeradores: 21.

Potencia total instalada: 33,6 MW.

Rotor de tres pas de: 74 m de diámetro.

Producción anual estimada: 91.728 MWh.

Investimento previsto: 25.242.508,38 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

21 aeroxeradores Ecotecnia de 1.600 kW de potencia nominal unitaria.

21 centros de transformación de 2000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

O resto de características básicas e de infraestructura eléctrica de transformación e interconexión non variaron con respecto ó proxecto orixinal do Parque Eólico de Serra de Outes de 44,8 MW.

Décimo.-O 1 de xullo de 2003, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental da primeira fase do parque eólico de Serra de Outes de 33,6 MW, publicada no DOG do 4-8-2003, notificándose ó promotor o 29 de xullo de 2003.

Undécimo.-O 7 de agosto de 2003, o promotor solicitou que lle sexa de aplicación o procedemento establecido no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citado.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. As alegacións de carácter urbanístico serán consideradas no momento de proceder á resolución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. De todos modos hai que lembrar que, de acordo co establecido no Decreto 80/2000 xa citado, que regula os plans e proxectos de incidencia supramunicipal, os plans municipais terán que adaptarse ó establecido nos ditos proxectos.

2. Con respecto ás alegacións de carácter medioambiental xa foron consideradas na declaración de impacto ambiental.

3. En relación coa alegación formulada por Juan L. Tizón Presas cabe dicir que o promotor solicitou a declaración de utilidade pública o 21-3-2003.

4. En relación coa documentación solicitada polo concello de Mazaricos esta, foi facilitada polo promotor o 16-5-2001.

5. En canto á alegación formulada por Eurovento, S.L. cabe dicir que a distancia mínima das máquinas máis achegadas do Parque Eólico Serra de Outes ás máquinas dos parques do alegante, é dez veces superior ó diámetro do rotor, co que non producirá interferencias coas máquinas instaladas; por outra parte, hai que manifestar que a actual lexislación non contempla zonas de exclusión entre as áreas limítrofes dos parques.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Energías Ambientales, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos da primeira fase do parque eólico denominado Serra de Outes de 33,6 MW, de potencia, que se situará no Concello de Mazaricos.

2. Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

3. Recoñecer a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

4. Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do Parque Eólico Serra de Outes, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-EASA para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 504.850,16 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 19 do citado Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 25.242.508,38 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta dirección xeral. Así mesmo, dentro das súas respectivas competencias, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Una vez construídas as instalacións autorizadas, a delegación provincial inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por EASA no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 1 de xullo de 2003, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 setembro).

Sétima.-A administración resérvase o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalacións, ampliación e traslado de industrias en xeral (BOE nº 176, do 25 de xullo), por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte

ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO