Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 7 de agosto de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se lles dá audiencia ós interesados no procedemento de baixa da autorización turística dos establecementos relacionados no anexo I.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle e outórgaselles audiencia ós titulares dos establecementos que no anexo I se mencionan, no procedemento de baixa de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os titulares dispoñen dun prazo de 15 días para faceren as alegacións que consideren pertinentes, podendo examina-lo expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Delegación Provincial de Ourense.

Ourense, 7 de agosto de 2003.

José Luis Pérez Pérez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

-Establecemento: Restaurante Biher.

Titular: Ángel Rodríguez Sánchez.

Enderezo: Curros Enríquez, 24.

Concello: Ourense.

-Establecemento: Restaurante La Romareda.

Titular: Zhimin Chen.

Enderezo: Pena Forcadas, 7.

Concello: O Barco de Valdeorras.

-Establecemento: Hostal Residencia Irixo.

Titular: Antonio Torres Rodríguez.

Enderezo: Hermanos Villar, 23.

Concello: Ourense.

-Establecemento: Cafetería Biher.

Titular: Ángel Rodríguez Sánchez.

Enderezo: Curros Enríquez, 24.

Concello: Ourense.

-Establecemento: Restaurante Os Corzos.

Titular: María Luisa Fernández Hernández.

Enderezo: Avda. Castilla, s/n.

Concello: Verín.