Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 4 de agosto de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, de notificación da resolución de incoación de expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade P-UL-72.03/01, a José Carlos López Cabaleiro por realización de obras na praia de Cesantes, termo municipal de Redondela, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I o acordo da delegada territorial desta consellería en Vigo, pola que se acorda a incoación de expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade nº P-UL72.03/01, a José Carlos López Cabaleiro, por realización de obras consistentes na construcción dun cerramento, alboio e anexo de madeira á vivenda, na praia de Cesantes, termo municipal de Redondela, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.) e do seu regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989 e modificado polos RR.DD. 1112/1992 e 1771/1994 (en diante R.C.). Nomeáse instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Francisco Javier Fernández Rosendo,

(Decreto 125/2002, do 4 de abril), ambos pertencentes ó Servicio de Usos do Litoral desta delegación territorial.

Os nomeamentos de instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propor, se for o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do R.C.

De conformidade co establecido no artigo 120 da Lei 53/2002, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, que modifica o artigo 102 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, cómpre informalo de que o prazo para a notificación da resolución dos procedementos sancionadores será de doce meses. Transcorrido o prazo sen se producir aquela, dictarase resolución declarando a caducidade do procedemento e ordenando o arquivo das

actuacións cos efectos previstos na lexislación vixente. A caducidade non producirá por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os procedementos caducados non interromperán o prazo de prescrición (artigo 92.3º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Así mesmo, cómpre informalo de que este prazo de doce meses quedará suspendido, cando deba requirirse ó interesado emenda de deficencias, achega de documentos e outros elementos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre as notificacións e o seu efectivo cumprimento polo interesado ou, no seu defecto, polo transcurso do prazo concedido, cando deban solicitarse informes, desde a petición destes, que deberá notificarse o interesado, ata a súa recepción, non excedendo en ningún caso de tres meses. Así mesmo, cando deban realizarse probas técnicas ou análises contradictorias, polo tempo necesario para a incorporación dos resultados ó expediente.

Vigo, 4 de agosto de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

ANEXO I

Expediente número: P-UL-72.03/01.

Denunciado: José Carlos López Cabaleiro.

Condición: promotor.

Último domicilio coñecido: Barrio do Carballiño nº 188, Cesantes-Redondela.

Data do acordo: 21-5-2003.

Feitos: construcción de cerramento, alboio e anexo de madeira á vivenda.

Lugar: praia de Cesantes.

Concello: Redondela.

Medidas de carácter provisional: ordena-la inmediata paralización das obras ou actividades obxecto do presente expediente, advertíndolle que, noutro caso, se procederá ó seu precinto ou á retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra e a maquinaria afecta a ela, de conformidade cos artigos 103 e 104 da L.C. e 194 e 195 do R.C.

Contra esta orde de paralización poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que se puidese impor, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25.2º e 26.1º da L.C. e 46.1º e 48.1º do R.C. e DD.TT. Cuarta 2 c) da L.C. e décimo terceira 1 c) do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c) e 95.1º da L.C. e 174 c) e 179.1º do R.C.

Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2º e) e 97.1º da L.C. e artigos 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C., podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL