Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.545

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (351/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos número 351/2003 seguidos por instancia de Beatriz Mª Torreiro Uzal e outras, contra Kids Galicia, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data 30 de xullo de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Beatriz Mª Torreiro Uzal, Rebecca de Sanjosé Busto, Mª del Mar Polo Fernández, María Álvarez Cruz, Isabel Noya Rodríguez, María José Míguez Pena e Linda Margarita Míguez Nordquist, debo declarar e declaro o dereito das demandantes a percibi-las cantidades reclamadas polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Kids Galicia, S.L., a que, aténdose a tal declaración, lles aboe ás demandantes as seguintes cantidades:

TraballadoraTotal

Beatriz Mª Torreiro Uzal 766,76 euros

Rebecca de Sanjosé Busto1.241,48 euros

Mª del Mar Polo Fernández1.229,29 euros

María Álvarez Cruz 754,37 euros

Isabel Noya Rodríguez1.332,38 euros

María José Miguez Pena1.144,55 euros

Linda Margarita Míguez Nordquist 810,86 euros

E debo absolver e absolvo a Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe recurso de suplicación, que deberá anuncialo

o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Kids Galicia, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Alfredo Vicenti, 26, 15004 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 30 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado