Convocado concurso por resolución da Universidade da Coruña do 13 de novembro de 2001 (BOE
do 27 de novembro), para a provisión da praza 095/2001 de catedrático de universidade da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo desta universidade, e tendo en conta que a comisión non propón ningún candidato, visto o artigo 11.2º d) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado resolve declarar concluído o procedemento e deserta a praza referida.
A Coruña, 5 de agosto de 2003.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña