Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 11 de setembro de 2003 Páx. 11.545

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (431/2003).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber que nos autos número 431/2003 seguidos por instancia de Víctor Manuel Cancela Blanco e outro, contra Icom Galicia, S.L. sobre despedimento, a maxistrada deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data 14-7-2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións dos demandantes e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Icom Galicia, S.L. a que readmita inmediatamente a Víctor Manuel Cancela Blanco e Nicolás Ramón Cernadas García nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante das seguintes cantidades en concepto de indemnización:

Víctor M. Cancela: 2.841,93 euros.

Nicolás R. Cernadas: 1.339,64 euros.

A devandita opción deberá exercitarse no termo de 5 días desde a notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante deste xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno así mesmo a parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios que non teña percibido desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado primeiro, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata a data ascenden á cantidade de 2.891,32 euros para cada un dos demandantes, a razón de 35,26 euros por día.

E debo absolver e absolvo a Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe recurso de suplicación, que deberá anuncialo o seu avogado ou representante legal designado para o efecto, perante este xulgado, no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes.

É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ó ser notificada, e será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Icom Galicia, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Palavea, 79, 15170, Culleredo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 14 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado