Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 4 de agosto de 2003, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador 27073/2003 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a seguir (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido, que tamén se indica) a resolución do expediente sancionador número 27073/2003 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa, 10 A-2º-2ª, edificio Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do seguinte día ó da notificación. Se non fose impugnada no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 de Caixa Galicia (2091), oficina de relación con organismos (0388), Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 27073/2003.

Inculpado: Comtel Mariña, S.L.

Enderezo: edificio Náutico, rúa Lodeiro, nº 3, Viveiro (Lugo).

Sanción: 120 euros.

Motivo: incumprimento normativa consumo.

Data da resolución: 21-7-2003.

Lugo, 4 de agosto de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo