Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da contratación dun servicio técnico para a elaboración do deseño funcional da aplicación de xestión da configuración no Servicio Galego de Saúde e centros dependentes deste (S/296-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita el expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S/296-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio técnico para a elaboración do deseño funcional da aplicación de xestión da configuración no Servicio Galego de Saúde e centros dependentes do mesmo.

b) Lugar de ejecución: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Prazo de execución: catro meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: dezaoito mil setecentos cincuenta e un euros con cincuenta e oito céntimos (18.751,58 A).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses contados desde a apertura das proposicións en acto público.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar a partir das 9.00 horas AM, na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do oitavo día natural contado desde a data de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo destos gastos ascende a mil euros (1.000 A).

11. Páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos