Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da contratación dun servicio técnico de aseguramento da calidade nos procedementos informáticos no Servicio Galego de Saúde e centros dependentes (S/297-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita el expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S/297-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio técnico de aseguramento da calidade nos procedementos informáticos no Servicio Galego de Saúde, e centros dependentes.

b) Lugar de execución: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Prazo de execución: un ano desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: douscentos cincuenta e cinco mil trescentos trinta euros (255.330 A).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e pro-

fesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a apertura das proposicións en acto público.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar a partir das 9.00 horas AM, na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do oitavo día natural contado desde a data de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destos gastos ascende a mil euros (1.000 A).

11. Páxina web onde obte-las informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos