Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesion que tivo lugar o día 20-5-2003, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estudio de detalle da UA 14.1, sita en Candame, tramitado a instancia de Promociones Urbanísticas Arteixo, S.L., representada por Ramón Rivera Guitián, o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte a aquel en que se produza a última das publicacións que se inserirán no DOG e no BOP e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 27/2003.PED).

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva o presente de notificación coa finalidade e alcance que se contemplan no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, moficada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 6 de xuño de 2003.

Manuel Pose Miñones

Alcalde en funcións