Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEE

ANUNCIO.

Anuncio de adxudicación, polo sistema de poxa, do contrato de arrendamento dos locais de propiedade municipal sitos no centro comercial.

1. Entidade adxudicadora:

Concello de Cee.

2. Obxecto do contrato:

Arrendamento dos locais comerciais e de ocio de propiedade municipal sitos no centro comercial.

3. Duración do contrato:

40 anos improrrogables, contados desde a apertura do centro comercial.

4. Tramitación:

Urxente.

5. Forma:

Poxa.

6. Tipo de licitación:

43.917,43 euros (IVE non incluído).

7. Garantía provisional:

878,35 euros.

8. Garantía definitiva:

4% do prezo de adxudicación.

9. Obtención de documentación, pregos de condicións e información:

Concello de Cee. Rúa Domingo A. de Andrade, s/n. Teléfono 981 74 51 00, fax: 981 74 67 57.

10. Presentación de ofertas:

Sete días contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Lugar de presentación:

Na Secretaría do Concello de Cee, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

12. Apertura de propostas:

Ás 12.00 horas do día seguinte hábil ó de finalización do prazo de presentación de propostas.

Cee, 14 de agosto de 2003.

José Antonio Domínguez García

Alcalde-presidente