Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 10 de setembro de 2003 Páx. 11.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, adxudicación por concurso e tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente LU-14-06-03-01 e dúas máis).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Proxectos e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mellora de abrigo no porto de San Cibrao.

-Clave do expediente: LU-14-06-03-01.

-Orzamento base de licitación: cincocentos doce mil trescentos nove euros con noventa e cinco céntimos (512.309,95 A).

-Prazo de execución: doce (12) meses.

-Clasificación: grupo F, subgrupo 3, categoría d.

-División por lotes: non hai.

b) Descrición do obxecto: ampliación da liña de atracada no porto de Bueu.

-Clave do expediente: PO-13-17-03-01.

-Orzamento base de licitación: un millón douscentos vintecatro mil corenta e sete con seis (1.224.047,06) euros.

-Prazo de execución: dezaoito (18) meses.

-Clasificación: grupo F, subgrupo 3, categoría d.

-División por lotes: non hai.

c) Descrición do obxecto: ampliación da rampla de varada en Cesantes.

-Clave do expediente: PO-13-25-03-01.

-Orzamento base de licitación: cento trinta e oito mil catrocentos setenta e dous euros con un céntimo (138.472,01 A).

-Prazo de execución: cinco (5) meses.

-Clasificación: grupo F, subgrupo 7, categoría c.

-División por lotes: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías:

-Provisional: non se esixe.

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: Praza de Europa, 10 A - 4º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Teléfono: 981 54 53 22.

Telefax: 981 54 72 16.

b) E en Copy Nino, r/ Xeneral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02 e 981 58 89 38.

c) Enderezo na Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 3065, 3066 e 3069.

6. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, do punto 2 anterior.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: Praza de Europa, 5 A - 6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707 (ou no disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas de Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa, 10-4, 4º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.00 horas.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A, e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios

centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia