Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.202

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE OURENSE

EDICTO (540/2002).

Josefina Diz Barxa, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Ourense.

Fai saber que en autos que a continuación se dirán, consta dictada a sentencia cun encabezamento e dictame que son do teor literal seguinte:

«Sentencia: nº 445/2002.

En Ourense, vinteseis de novembro de dous mil dous. Amparo Lomo del Olmo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Ourense e o seu partido, tendo vistos os presentes autos de xuízo verbal de desafiuzamento falta de pagamento nº 540/2002 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Elida Araújo Diéguez, representada pola procuradora Marta Trillo González e defendida polo letrado José Carlos González Fernández, e doutra e como demandada Lucía Alfonso Fernández, declarada en rebeldía procesual no transcurso do xuízo.

Dictamino que, estimando integramente a demanda formulada pola representación de Elida Araújo Diéguez contra Lucía Alfonso Fernández, debo declarar e declaro haber lugar ó desafiuzamento da vivenda sita en Ourense, rúa dos Carrís, nº 9, 3 dta., por falta de pagamento, condenando á demandada ó aboamento da cantidade de 2.661,94 euros, máis as que deba ata o momento da execución con apercibimento de que terá lugar o seu lanzamento se non procede ó seu desaloxo, con imposición a esta demandada das custas causadas no procedemento. Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se preparará ante este xulgado dentro do prazo de cinco días, contados desde o seguinte á súa notificación, na forma previda no artigo 457 da Lei de axuizamento criminal. Dedúzase testemuño literal desta sentencia quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentencias civís.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

En virtude do acordado nos autos de referencia de conformidade co disposto nos artigos 497.2º da Lei 1/2000, de axuizamento civil, estendo este edicto para que sirva de notificación en legal forma á demandada Lucía Alfonso Fernández, actualmente en ignorado paradoiro.

En Ourense, sete de xullo de dos mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado