Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.201

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2003 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala de xestión da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude de probas selectivas para promoción interna.

Por Resolución do 4 de xuño de 2003 foron nomeados funcionarios en prácticas da escala de xestión da Universidade de Santiago de Compostela os aspirantes que aprobaron as correspondentes probas selectivas.

Superado polos aspirantes o curso selectivo previsto na Resolución do 22 de maio de 2002, pola que se convocaban as devanditas probas selectivas, o rector, de conformidade co disposto no artigo 78 n) dos estatutos da universidade,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de xestión da Universidade de Santiago de Compostela os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionario de carreira da escala de xestión da universidade, o interesado prestará xuramento ou promesa, de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Terceiro.-A toma de posesión deberán efectuala perante este rectorado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realiza-la declaración á que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade no artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2003.

P.D. (Resolución 28-7-2003)

Miguel Vázquez Taín

Vicerrector de Economía e Financiamento

ANEXO

Escala de xestión da Universidade

de Santiago de Compostela

Apelidos e nomeDNI

1. Braña Rey, José Luis05252045

2. Quintela Botana, José Luis76507375

3. García Valladares, Sira Gema33204416

4. Lapido Silva, Mª Concepción32634035

5. Vázquez Docampo, Josefa34919278

6. Domínguez Gigirey, Ana María33282775

7. Ríos López, María del Carmen32639677

8. Lamas Alvariño, Jesús Juan32631889

9. Cruz Torres, José Luis33312133

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO

DE OURENSE