Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.201

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN de 30 de xullo de 2003 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza número 01/151 de profesor titular de universidade convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, de 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Coordinación Universitaria os vocais correspondientes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 01/151 convocado por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 30 de xullo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: xeodinámica externa.

Número de praza: 01/151.

Comisión titular:

Presidente: Vidal Romaní, Juan Ramón, catedratico da Universidade da Coruña.

Secretario: Palli Buxo, Luis, catedrático da Universidade de Girona.

Vocal 1º: López Vera, Cripriano Fernando, catedrático da Universidade Autónoma de Madrid.

Vocal 2º: Sastre Merlin, Antonio, profesor titular da Universidade de Alcalá de Henares.

Vocal 3º: Villarroya Gil, Fermín Ignacio, profesor titular da Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Rodríguez Vidal, Joaquín, catedrático da Universidade de Huelva.

Secretario: Vilaplana Fernández, Joan Manuel, profesor titular da Universidade de Barcelona.

Vocal 1º: Martínez Martínez, Jesús, catedrático da Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Vocal 2º: Zarroca Bonet, Mario, profesor titular da Universidade Autónoma de Barcelona.

Vocal 3º: Soriano Jiménez, María Asunción, profesor titular da Universidade de Zaragoza.