Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2003 Páx. 11.202

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

EDICTO (550/2003).

Misael León Noriega, secretario do Xulgado do Social número dous de Oviedo e a súa provincia.

Fago saber que por resolución dictada no día da data no proceso seguido nos presentes autos número demanda 550/2003, por instancia de Eduardo Santos González Magadán contra Inversiones y Seguridad 2001, Vigilancia y Seguridad del Principado, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento acordouse citar a Inversiones y Seguridad 2001 en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día vintecinco de setembro de 2003, ás 11 horas da mañá, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo que terán lugar na sala de vistas deste xulgado do social número dous, sito na rúa Santa Teresa 15, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que sirva de citación a Inversiones y Seguridad 2001, expídese a presente cédula para a súa

publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

En Oviedo, 30 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA