Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución de expediente sancionador 6/2003 a Manuel Abad Méndez e María José López Mosquera.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 6/2003, seguido de oficio pola Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, contra Manuel Abad Méndez e María José López Mosquera, finalizando este trámite con resolución do expediente sancionador por non cumprir coa obriga de visado de contrato de compravenda de vivenda de promoción pública e por non solicitarlle á Administración autorización para esa compravenda.

O citado acordo é do seguinte teor:

«Resolución do expediente sancionador 6/2003.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-85/100, conta 85, adxudicada a Plácido López Cabo, rúa Aquilino Iglesia Alvariño, 13, 3º B de Lugo, e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Que con data 21 de xaneiro de 2003, ten entrada no rexistro desta Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a sentencia número 4 da Sección 1ª, da Audiencia Provincial de Lugo,

da que se deduce que quedou acreditada a existencia dun documento privado de venda entre Plácido López Cabo e os seus fillos Raquel e Luis Alberto como vendedores, e o matrimonio formado por Manuel Abad Méndez e Mª José López Mosquera, como compradores.

2. Que con data 6 de maio de 2003 se dictou proposta de resolución do citado expediente sancionador, pola que se propoñía a imposición a Manuel Abad Méndez e Mª José López Mosquera dunha sanción de 3.005,07 euros de multa, notificada ós denunciados mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nº 120, do 23 de xuño de 2003. Concedido o prazo de 15 días para presentaren alegacións, os denunciados non fixeron uso deste dereito.

Feito probado.

Determínase así, como feito probado, que Manuel Abad Méndez e Mª José López Mosquera incumpriron a obriga de visado de contrato de compravenda e de solicitude á Administración para autorización desa compravenda.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 6 f) e h) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que «a omisión do visado pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos contratos de compravenda e alugamento de vivendas de protección oficial» e «a transmisión de vivendas de protección oficial promovidas, sen ánimo de lucro, polas administracións públicas, dentro dos cinco anos seguintes á data do contrato de compravenda, sen a autorización administrativa correspondente, e sen prexuízo do dereito ó exercicio das accións de tanteo ou retracto convencional da Administración», constitúe unha infracción moi grave.

3. Que o artigo 7.1º c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sanciona con multas de 3.005,07 ata 60.101,21 euros as infraccións cualificadas como moi graves.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Impoñerlle a Manuel Abad Méndez e Mª José López Mosquera unha sanción de 3.005,07 euros de multa.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes».

Lugo, 15 de xullo de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo