Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución de expediente sancionador 5/2003 a María Inocencia Fernández Mántaras.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 5/2003, seguido de oficio pola Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, contra María Inocencia Fernández Mántaras, finalizando este trámite con resolución do expediente sancionador por non dedica-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 5/2003.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-96/505, conta 11, adxudicada a María Inocencia Fernández Mántaras, avda. América, bloque 1, portal 1, planta 3ª C de Ribadeo (Lugo), e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Con data 10 de xuño de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 1017/02.

2. Con data 15 de xullo de 2002 efectuouse unha nova inspección á dita vivenda resultado, segundo se reflicte na acta de inspección nº 1221/02, que non é posible localizar ninguén nela, observándose indicios de non ocupación habitual.

3. Con datas 19 de agosto e 29 de novembro de 2002 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento da adxudicataria solicitado ó Concello de Ribadeo.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (BEGASA).

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado á empresa Aquagest.

4. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data 16 de decembro de 2002 certificado do Concello de Ribadeo, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello non figura

inscrita a titular desde o 26 de setembro de 2000 no que se deu de baixa por traslado a Javea (Alicante).

-Con data 26 de agosto de 2002, certificado de consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa BEGASA, indicando que o consumo durante os últimos meses é baixo.

5. O artigo 5º, punto C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses» constitúe unha infracción grave.

6. Que con data 2 de abril de 2003 dictouse proposta de resolución do citado expediente sancionador, pola que se propoña a imposición a María Inocencia Fernández Mantaras dunha sanción de 601,02 euros de multa, notificada á denunciada mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nº 96, do 20 de maio de 2003. Concedido o prazo de 15 días para presentar alegacións, a denunciada non fixo uso deste dereito.

Feito probado.

Determínase así, como feito probado, que María Inocencia Fernández Mántaras, incumpriu a obriga de destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución deste expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, que sinala que «terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses» e, en tal sentido, o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda, define no seu artigo 3 o que se entende por domicilio habitual e permanente, e do mesmo despréndese que se entende por domicilio permanente ou que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e doutro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou

pequena industria doméstica, aínda que

sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, de 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Impoñer a María Inocencia Fernández Mántaras, unha sanción de 601,02 euros de multa.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 15 de xullo de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo