Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 02 de setembro de 2003 Páx. 11.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de xullo de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Rosa Quinteiro Alonso a proposta de resolución acordada no expediente sancionador ES-P-005/2003.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 30 de xullo de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-91/510 (expte. sancionador nº ES-P-005/2003).

Cta.: 23.

Nome: Rosa Quinteiro Alonso.

Enderezo: avda. Fernández de la Mora, 23, blq. 1, 8º B, Ponteareas, Pontevedra.

Indicación do contido do acto que se notifica: proposta de resolución acordada o 2 de xullo de 2003, por infracción administrativa tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, coa imposición dunha multa que ascende a 620 euros.

Recursos: contra a citada proposta de resolución, que non é susceptible de recurso, concédeselle un prazo de quince días á interesada para formular alegacións e presenta-los documentos e as informacións que coide pertinentes.