Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.089

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (105/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 105/2003 por instancia de David Bordallo Fernández e outros, contra Clínica Médica y Laboratorio, S.L. e Counter Lab, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia do 30 de xullo de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por David Bordallo Fernández, Óscar Luis Bordallo Fernández, Ángel Luis Domingo Velasco, María Moira Marugan García e Raquel Pintor Buyo, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Counter Lab, S.L. a que, á súa elección, que debe efectuar no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou, os indemnice coa cantidade de 18.676,37 euros a David Bordallo Fernández; 21.428,82 euros a Óscar Luis Bordallo Fernández; 22.983,16 euros a Ángel Luis Domingo Velasco; 12.521,02 a María Moira Marugan García e 5.033,90 euros a Raquel Pintor Buyo, así como aboarlles en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 11.304,94 euros ó Sr. Bordallo Fernández, David; 8.439,61 euros ó Sr. Bordallo Fernández, Óscar; 7.037,47 euros ó Sr. Domingo Velasco; 4.001,72 euros á Sra. Moira Marugan, e 5.490,3 euros á Sra. Pintor Buyo. Absolvo da deman

da as codemandadas Vermelab, S.L. e Clínica Médica e Laboratorio, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demanda de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 0105.03, de Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que, se fai uso de tal dereito optando pola readmisión, durante a tramitación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que debería percibir, estando obrigada esta a lle presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E que para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma a Vermelab, S.L. e Clínica Médica e Laboratorio, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 31 de xullo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado