Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.089

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Tecnoloxía da Información e as Comunicacións, a Julián Dorado de la Calle.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta uni

versidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/134 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, departamento de Técnoloxía da Información e as Comunicacións, desta universidade, a favor de Julián Dorado de la Calle, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Julián Dorado de la Calle profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, departamento de Técnoloxía da Información e as Comunicacións, desta universidade.

A Coruña, 30 de xullo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña