Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.089

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2003 pola que se nomea catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física, a María del Carmen Ramírez Gómez.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/176 de catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, departamento de Física, desta universidade, a favor de María del Carmen Ramírez Gómez, e unha vez que a interesada acreditase os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Carmen Ramírez Gómez catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de física aplicada, departamento de Física, desta universidade.

A Coruña, 29 de xullo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña