Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.088

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 21 de agosto de 2003 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 19 de xuño de 2003 (DOG nº 127, do 2 de xullo), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 19 de xuño de 2003 (DOG nº 127, do 2 de xullo).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso conten

cioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2003.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Moreno Expósito, Miguel Ángel.

N.R.P.: 3383341502 SA206B.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Posto de traballo: xefe da Unidade de Saúde Laboral.

Dependencia: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde.

Localidade: Lugo.