Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.088

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas diversas listas provisionais de admitidos e excluídos, reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 20 de maio de 2003 (DOG nº 99, do 23 de maio; corrección de erros, DOG nº 112, do 11 de xuño) de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, e á vista das solicitudes presentadas para ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B): escala de enxeñeiro técnico de minas; escala de enxeñeiro técnico de obras públicas; escala de enxeñeiro industrial; escala de topógrafos; escala de arquitectos técnicos; escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos: especialidade de arquivos, especialidade de bibliotecas e especialidade de museos; corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C): escala de delineantes, a

Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais de admitidos e excluídos para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal funcionario correspondentes ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B): escala de enxeñeiro técnico de minas; escala de enxeñeiro técnico de obras públicas; escala de enxeñeiro industrial; escala de topógrafos; escala de arquitectos técnicos; escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos: especialidade de arquivos, especialidade de bibliotecas e especialidade de museos; corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C): escala de delineantes. As listas están expostas na forma que se indica a seguir:

-Solicitantes admitidos.

-Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-As citadas listas atópanse expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no servicio de información do edificio administrativo

da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para poderen emendar, de se-lo caso, o defecto que motivase a exclusión e que irán dirixidas á directora xeral da Función Pública (Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano s/n).

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública