Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de xullo de 2003, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Leandro Loureiro Fernández e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas

e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na rúa Progreso, 38-ent., Ourense, en horario das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 14 de xullo de 2003.

P.A. (Artigo 12.1º do Decreto 312/2000,

do 28 de decembro)

Consuelo Fernández Sueiro

Xefa da Sección de Asuntos Xerais e Persoal

ANEXO

Interesado Procedemento

Leandro Loureiro FernándezRec. reposición estimado
DNI 34394445-SExp. 4280/2002
R/ Alameda, 13, O Carballiño, OurenseDoc. 620011039129

Gerardo González IglesiasRec. reposición estimado
DNI 34475453-VExp. 5156/1998
Avda. Santiago, 83-1º A, OurenseDoc. 600802461253

Felicita Rodríguez RodríguezRec. reposición estimado
DNI 34382248-Pparte Exp. 5113/2000
Avda. Bos Aires, 142-3º, OurenseDoc. 600000165961

Manuela Rodríguez RegueiroRec. reposición desestimado
DNI 34901730-NExp. 6955/2001
Avda. Santiago, 129-1º A, OurenseDoc. 600100127978

Yanet Contreras CruzRec. reposición desestimado
DNI X2120693RExp. 4230/2001
R/ Marcelino Suares 7, O Barco Valdeorras, OurenseDoc. 620000094627