Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 01 de setembro de 2003 Páx. 11.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de xullo de 2003, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Altra Construcciones, S.L. e seis máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia titular de zona da Coruña, por medio do presente anuncio, comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debe

dores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázanse os interesados ou os seus representantes para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, rúa Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 18 de xullo de 2003.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData dilixenciaDescrición do ben

Altra Construcciones, S.L.B-1520191617-1-2003Vehículo matrícula C-8943BF

Bergantiños Piel, S.A.A-1522112018-6-2003Predio 27.111; rex. prop. Carballo

Mata Sánchez, José Luis32364874-X20-5-2003Vehículo matrícula C-4937-CD

Mata Sánchez, José Luis32364874-X20-5-2003Vehículo matrícula C-5818-AU

Mata Sánchez, José Luis32364874-X20-5-2003Vehículo matrícula C-0840-BV

Ronquete Lojo, Manuel33222029-R4-7-2003Predio 13.973.0; rex. prop. Noia

Sánchez Revilla, Miguel Ángel13107846-P9-6-2003Vehículo matrícula C-3073-BP