Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.905

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (660/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos nº 660/2001, por instancia de María Teresa Fernández García contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, a empresa Belan Textil, S.L. e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, sobre prestacións, nos que recaeu sentencia con data do 16-7-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda interposta por María Teresa Fernández García, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, a empresa Belan Textil, S.L. e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, debo declarar e declaro que a demandante ten dereito ó recoñecemento da prestación de incapacidade temporal solicitada en demanda, condenado as demandadas a se ater á anterior declaración e a empresa Belan Textil, S.L., como responsable directa, ó aboamento da prestación referida desde o 19-4-2001 ata o 28-5-2001. A mutua demandada, a lle anticipa-lo pagamento desta cantidade desde o décimo sexto día da baixa e ata a sua extinción, na contía de

450,75 euros, cos aumentos, melloras, revalorizacións e efectos económicos correspondentes. Absolvo o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe anunciar recurso de suplicación dentro dos cinco días seguintes ó da notificación da sentencia, ante este xulgado, do que coñecerá, de se-lo caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 187 e seguintes do texto articulado da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 521/1990, do 27 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a empresa Belan Textil, S.L., expido e asino esta cedúla na Coruña o 16 de xullo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado