Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.904

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (2131/2002).

Concepción Albes Blanco, secretaria da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, certifico que na peza de apelación civil número 2131/2002, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, constituída polos maxistrados Victoria Eugenia Fariña Conde, presidente, José Ferrer González e Celso Montenegro Viéitez, pronunciou, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia, nº 363/2003.

«En Vigo, 23 de maio de 2003.

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, viu en grao de apelación, os autos de xuízo verbal 89/2000 do Xulgado de Primeira Instancia número un de Redondela, seguido entre partes, dunha como apelante-demandante, Josefa Casal Boullosa, representada, en primeira instancia, polo procurador Jaime Pérez Alfaya, coa dirección do letrado Adolfo Quirós Echegaray; e doutra, como apelada-demandada, a entidade aseguradora Bilbao Compañía Anónima de Seguros y Reaseguros, representada, en primeira instancia, pola procuradora Dolores Virulegio Figueroa, coa dirección do letrado José Manuel Rodríguez Álvarez, e César Agulla García, veciño de Poio, con domicilio no Camiño de Chans número 24, en situación procesual de rebeldía; sobre reclamación de indemnización por danos ocasionados con motivo da circulación de vehículos de motor.

Decidimos que estimando o recurso de apelación interposto polo procurador Jaime Pérez Alfaya, en nome e representación de Josefa Casal Boullosa, contra a sentencia do 24 de abril de 2001, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número un de Redon

dela, debemos revogala para, con estimación íntegra da demanda, condena-los demandados César Agulla García e a entidade aseguradora Bilbao a que solidariamente lle aboen á demandante a cantidade de 26.416 ptas. (158,76 euros), mailos xuros legais que, para a compañía de seguros, serán os do artigo 20 da Lei de contrato de seguro. Todo isto con imposición, ós codemandados, das custas procesuais xeradas en primeira instancia, e sen facer especial pronunciamento en canto ás desta alzada.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Con testemuño desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, que xustificará a súa recepción.

Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación á peza da sala nº 2131/2002 pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e publicación».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal, que consta no libro de sentencias civís desta sección, e para que así conste e para a súa inserción no DOG, expido e asino este edicto en Vigo o 16 de xullo de 2003.

Rubricado