Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.905

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (547/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos nº 547/2002, por instancia de Domingo Jesús Pérez Martínez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e outro, sobre outros extremos, nos que recaeu sentencia con data do 3-7-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Jesús Pérez Martínez, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa Gráfico Galaico, S.A., debo declarar e declaro que o demandante se encontra en situación legal constitutiva de invalidez permanente absoluta para toda profesión ou oficio por enfermidade común, con dereito á pension vitalicia na contía inicial do 100% da base reguladora de 1.439,33 euros mensuais, 14 veces ó ano, condenando as partes demandadas a se ater á anterior declaración e ó Instituto Nacional da Seguridade Social ó aboamento da prestación na contía referida, consonte a dita base reguladora, cos aumentos, melloras, revalorizacións e efectos económicos correspondentes. E a empresa Gráfico Galaico, S.A. a que constitúa na Tesourería Xeral da Seguridade Social o capital custo de renda necesario para facer fronte á diferencia da base reguladora.

Notifíqueselle ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe anunciar ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Gráfico Galaico, S.A., expido e asino esta cedúla na Coruña o 23 de xullo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado