Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de xullo de 2003, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan resolucións de recurso de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Claudio Gil Álvarez e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprazanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38-ent., Ourense, en horario das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense,18 de xullo de 2003.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

-Interesado:

Claudio Gil Álvarez.

DNI: 34527485-T.

R/ Arturo Pérez Serantes 5, 6º esq., Ourense.

Procedemento:

Rec. reposición desestimado.

Rec. 19/2003.

Providencia 02320148600.

-Interesado:

Novo Arlindo Lages Correia.

DNI: 77404509-X.

Lg. Acuña, 48, Vilaboa, Pontevedra.

Procedemento:

Rec. reposición estimado.

Rec. 14/2003.

Providencia 02320107911.