Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.879

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de agosto de 2003 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no Decreto 183/2003, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 (DOG nº 53, do 17 de marzo), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 10 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

I. Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para o acceso ás categorías do grupo I que figuran no anexo I desta convocatoria.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de acceso libre será, para cada categoría, o reflectido no anexo I.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, e co Decreto 183/2003, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 (DOG nº 53, do 17 de marzo), do total de prazas reservarase, se é o caso, en cada categoría o número de prazas que constan no citado anexo I, para ser cuberta/s por persoa/s con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33 % deberán acreditar tal condición xunto coa súa solicitude mediante certificación de compatibilidade coas funcións da categoría dos órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e, se é o caso, da Administración correspondente.

No suposto de que tal/es praza/s non sexa/n cuberta/s por persoa/s coa minusvalidez correspondente, pasará/n a integrarse nas restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre. Así mesmo, no suposto de que algún dos aspirantes con minusvalidez que se presentase pola cota de reserva de discapacitados superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza, e a súa puntuación fose superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso libre, será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso libre.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.4. A este proceso selectivo seralle aplicable o disposto nos artigos 8 e seguintes do IV convenio colectivo único e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.1.1. Nacionalidade: ser español ou nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún Estado, ó que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

Tamén poderán participar o cónxuxe dos españois, dos nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e dos nacionais dalgún Estado, ó que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito, así como os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

I.2.1.2. Idade: ter cumpridos os dezaoito anos e non ter acadado a idade de xubilación.

I.2.1.3. Titulación: estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico e requisitos que para cada categoría figuran no anexo I antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

I.2.1.4. Capacidade: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.1.5. Habilitación: non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

I.2.2. Tódolos requisitos enumerados nas anteriores bases deberán posuírse no día da publicación desta convocatoria e manterse ata o momento de toma de posesión da praza resultante deste proceso selectivo.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte neste proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (anexo II) que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia á que se fai

referencia na base I.3.2. Xunto coa instancia presentarase a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

Os aspirantes estranxeiros que residan en España deberán, ademais, presentar unha fotocopia cotexada da tarxeta de residente comunitario ou de familiar de residente comunitario en vigor ou, se é o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario ou de traballador comunitario fronteirizo en vigor.

Os aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún Estado ó que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, ben por residir no estranxeiro ou por atoparse en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia cotexada do documento de identidade ou pasaporte.

Os familiares dos anteriores deberán presentar unha fotocopia cotexada do visado e, se é o caso, do xustificante de ter solicitado a correspondente tarxeta ou xustificante de ter solicitado a exención do visado e da correspondente tarxeta. De non ter solicitado estes documentos, deberán presenta-los documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo do parentesco e unha declaración xurada ou promesa do español, do nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e do nacional dalgún Estado, ó que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, co que existe este vínculo, de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

b) Xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, polo que se modifica a contía das taxas establecidas no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, como requisito necesario para participar neste proceso, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 36 euros e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo IV. Este impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo IV. Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33 %, circunstancia que deberá ser acreditada

documentalmente xunto coa instancia, presentando orixinal ou copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A non presentación deste anexo, no que figurará o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión

do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude (anexo II).

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten.

c) Documento xustificativo de estar en posesión do título do curso de perfeccionamento de galego, ou equivalente debidamente homologado pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista no cuarto exercicio.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia e oficinas de Correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

As solicitudes susbcritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

Para calquera aclaración ou información adicional, os interesados poderán poñerse en contacto telefónico, no número 902-120012, das 9.00 ás 19.00 horas de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. Todo iso conforme o disposto na Lei 13/1982, do 7 de abril, e o artigo 3º do Decreto 183/2003, do 13 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Estes requisitos tamén os deberán cumprir, se é o caso, os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.2. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a directora xeral da Función Pública dictará resolución, que se publicará no DOG así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se atopan expostas as listas de admitidos. Na lista deberán

constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación destas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante esta orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivar da súa participación neste procedemento.

II. Concurso-oposición:

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso.

II.1.1. Experiencia profesional:

a) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta na Xunta de Galicia no ámbito do convenio único, terase en conta o disposto na disposición transitoria 4ª do III convenio colectivo único de persoal laboral da Xunta de Galicia, 0,10 puntos/mes, no caso de ter mudado de denominación a devandita categoría e se nesta outra se manteñen as mesmas funcións, terase en conta o tempo de servicios prestados, de se-lo caso, desde a categoría que mudou de nome.

b) Polos servicios prestados correspondentes a outras categorías no ámbito do convenio único da Xunta de Galicia ou ben por servicios prestados no réxime especial agrario na Xunta de Galicia: 0,05 puntos/mes.

c) Por servicios prestados na categoría á que se opta no Sergas e noutras administracións públicas: 0,05 puntos/mes.

d) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta en empresas privadas: 0,01 puntos/mes.

A puntuación máxima neste punto será de 10,50 puntos.

II.1.2. Formación profesional:

A) Por cada curso directamente relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta como persoal laboral fixo do grupo I realizados nas administracións públicas, escolas da Administración pública, universidades, Inem, así como os cursos homologados que teñan informe favorable da comisión da formación continua da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Ata as primeiras 25 horas: 0,1 puntos.

-Por cada hora que exceda ese nº: 0,01 puntos por hora.

Se non se acredita a duración, entenderase de ata 25 horas.

B) Así mesmo, puntuaranse os cursos de idiomas inglés, francés e portugués organizados e impartidos directamente polos organismos anteriormente indicados na letra a).

A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

a) Por cada curso igual ou superior a 6 horas lectivas e ata 40 horas lectivas: 0,15 puntos.

b) Por cada curso superior a 40 horas lectivas e igual ou superior a 75: 0,30 puntos.

c) Por cada curso superior a 75 horas lectivas: 0,45 puntos.

Non se puntuarán os cursos que non acrediten as horas de duración.

Valoraranse os cursos de idiomas estranxeiros comunitarios, organizados e impartidos directamente polo instituto de idiomas ou escolas oficiais de idiomas (enténdese por curso o ano superado), que se puntuarán de conformidade co disposto no epígrafe c).

A puntuación máxima do epígrafe B) será de 2 puntos.

A puntuación máxima total acadable nos puntos II.1.2 A e no II.1.2 B será de 7,50 puntos.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios e similares.

II.1.3. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 18 puntos, sumados os puntos II.1.1 e II.1.2.

II.1.4. Para supostos de empate nas puntuacións finais dos aspirantes, aquel dirimirase a favor do aspirante que obtivese a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que aquel se dirima. De persisti-lo empate, resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.1.1. Por último, e de seguir persistindo o empate, resolverase segundo o establecido na base III.18.

II.1.5. Os méritos enumerados nas bases II.1.1 e II.1.2 deberán referirse á data da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles a que se refiren os puntos anteriores, deberán acreditarse mediante certificado, segundo o modelo que figura como anexo III a esta orde, que deberá ser expedido por:

-Servicios centrais:

-Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da última consellería onde prestou ou estea a prestar servicios, ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

-Secretarios/as ou, de se-lo caso, funcionario/a responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da última consellería onde prestou ou estea a prestar servicios, ou dos seus organismos autónomos.

-Outras administracións públicas ou empresas privadas:

-O responsable de persoal respectivo.

Ó certificado xuntarase a documentación acreditativa dos méritos nel reflectidos. No caso de tratarse de servicios prestados noutras administracións públicas (agás Sergas) e/ou na empresa privada, deberá xuntarse copia cotexada dos contratos orixinarios xunto co informe de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. No caso de servicios prestados na Xunta de Galicia ou no Sergas poderase presentar, ademais do establecido no parágrafo anterior, un certificado de servicios prestados onde veña especificado o grupo, categoría, tipo de persoal e os períodos, con data de inicio e remate do contrato, nos que estivo traballando o aspirante.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido nos puntos anteriores.

En calquera dos casos será necesario achegar xunto coa certificación a documentación acreditativa dos méritos reflectidos nela. Tódalas follas de documentación que se acheguen deberán estar numeradas correlativamente.

II.1.6. Desde a data de anuncio publicación no DOG das notas do terceiro exercicio da fase da oposición, os aspirantes disporán dun prazo de 20 días naturais para presenta-la documentación relativa á fase de concurso.

As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

II.2. Fase de oposición:

Os programas que deberán rexe-las probas selectivas son os que figuran como anexo desta.

II.2.1. Exercicios:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito un grupo de 100 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre dous cuestionarios elaborados previamente por aquel e relativos ó contido da parte xeral e específica do programa correspondente a cada categoría. A porcentaxe máxima de preguntas da parte xeral do temario será do 30% do total das preguntas. No devandito test poderán poñerse ata tres preguntas máis de reserva para o caso de que se anule algunha das mencionadas anteriormente.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas (2) horas.

Cando remate o exercicio, cada opositor poderá obter copia del.

No prazo das 24 horas seguintes á realización do exercicio farase público, no lugar onde se realice o exercicio, o modelo das respostas correctas do test.

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo número de respostas esixido para acada-la puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: os aspirantes, no prazo máximo de cinco (5) horas, deberán desenvolver por escrito tres temas, obtidos mediante sorteo polo tribunal, un deles, que se elixirá de entre dous, correspondente á parte xeral e dous, que se elixirán de entre catro, correspondentes á parte específica do programa de cada categoría.

As contestacións deste exercicio cualificaranse de 0 a 20 puntos, e é preciso para superalo obter como mínimo 10 puntos; corresponderalle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións finais publicaranse unha vez finalizada a corrección da totalidade dos exercicios.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

c.1. Na resolución de dous supostos prácticos con preguntas tipo test con respostas alternativas, relacionados coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría ou

c.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As modalidades c.1 ou c.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.

Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de catro (4) horas para os supostos prácticos ou, no caso de proba práctica, o sinalado no anexo I.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

d) Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto. Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

Estarán exentos da realización do cuarto exercicio os aspirantes que teñan acreditado xunto coa solicitude a posesión do curso de perfeccionamento de galego.

II.2.2. A puntuación dos exercicios publicarase no DOG.

II.2.3. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.4. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este.

II.2.5. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

II.2.6. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 12.2.4) do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra C, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de marzo de 2003, pola que se publica o resultado do sorteo que se refire ó regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003 (DOG nº 52, do 14 de marzo).

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuado polo tribunal nos locais onde se realizase o anterior exercicio, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con corenta e oito horas, alomenos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se realizase,

e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, alomenos, de antelación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores destas probas serán designados por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, de acordo co previsto no artigo 11 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

A composición e os requisitos dos membros dos tribunais serán os previstos no artigo 11 do IV convenio colectivo único.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente, na sesión de constitución do tribunal, solicitará dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas nesta base.

III.4. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión

conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A realización da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen, os tribunais poderán acordar que a realización do exercicio nº 1 da fase de oposición teñá lugar simultaneamente en varias localidades.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes, que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós seus apelidos.

III.9. Corresponderalle ó tribunal nomeado co número un:

-Cursar por orde do seu presidente citación ó resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondente, fixaranse o lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas, e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.10. Co obxecto de consegui-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán coordinadamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan ser presentados e solicitados polos restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo do cal funcionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.11. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que se autorizará coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.12. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinente, limitándose estes asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comu

nicárselle á directora xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

III.13. Os tribunais cualificadores poderán adopta-las medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidade, sen que se vulnere o principio de igualdade, gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos demais participantes. Neste sentido poderanse establecer, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal da categoría á que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.14. O primeiro exercicio da fase de oposición realizarase no prazo máximo de 40 días desde a constitución do tribunal. Os seguintes exercicios terán lugar nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días.

III.15. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.16. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

III.17. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes que o de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.18. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, aquel resolverase a favor do aspirante que obtivese a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que aquel se dirima. De continua-lo mesmo, resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.1.1 e na base II.1.2 respectivamente. De persistir, resolverase por orde alfabética iniciándose pola letra establecida na resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de marzo de 2003, pola que se publica o resultado do sorteo a que se refire o regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autonoma de Galicia para o ano 2003 (DOG nº 52, do 14 de marzo).

III.19. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Pre

sidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados.

IV.1. Rematado o proceso selectivo, o presidente do tribunal número 1 enviará proposta de aprobados ó órgano convocante, tal e como dispón o artigo 12 do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Con carácter excepcional poderase renunciar á participación no proceso selectivo ata a data en que o tribunal eleve a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

V. Presentación de documentos e nomeamento.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG, e a partir da dita publicación computarase o prazo de 20 días para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2.1.3 e anexo I ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.1.4.

d) Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e, se é o caso, da Administración correspondente.

A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato, coas funcións propias da categoría á que accede.

V.2. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, libremente apreciada pola Dirección Xeral da Función Pública, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados persoal laboral e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.3. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán nomeados persoal laboral da Xunta de Galicia na categoría que corresponda mediante resolución do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.4. De acordo co disposto no artigo 12.2.3) do IV convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na resolución pola que se publique a proposta definitiva de aprobados poderán incluírse os postos vacantes que se lles oferten, con indicación dos requisitos para o seu desempeño.

VI. Norma derradeira.

Contra esta convocatoria, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Os actos administrativos que se deriven desta convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Grupo

Categoría

Vacantes acceso

libre

Vacantes quenda

discapacitados

Total

de vacantes

3º exercicio

Titulación académica requirida

I011. Titulado/a superior pedagogo/a202Suposto prácticoLicenciado en pedagoxía

040. Titulado/a superior lingüista202Suposto prácticoLicenciado en filoloxía galego-portuguesa

ANEXO V

Grupo I.

Parte xeral común a tódalas categorías.

Tema 1. O concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978. Principios informadores. Estructura. A reforma constitucional.

Tema 2. Os dereitos fundamentais: evolución histórica e conceptual. Os dereitos fundamentais da Constitución española. Garantías e tutela. A participación social na actividade do Estado.

Tema 3. A Coroa e as súas funcións constitucionais.

Tema 4. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Aspectos básicos do proceso de elaboración e aprobación das leis. O Tribunal de Contas. O Defensor do Pobo.

Tema 5. O Tribunal Constitucional: natureza, composición e competencias. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os tribunais superiores de Xustiza. O Ministerio Fiscal.

Tema 6. O Goberno do Estado. A súa composición e funcións. O presidente do Goberno. Os ministros. Relación entre o Goberno e as Cortes.

Tema 7. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos. Os organismos autónomos e as sociedades estatais. Órganos consultivos da Administración do Estado. O Consello de Estado e outros órganos consultivos.

Tema 8. A distribución territorial do poder do Estado. O Estado das autonomías na Constitución. Procesos de constitución das comunidades autónomas. Estructura, aprobación e reforma dos estatutos de autonomía.

Tema 9. A Administración pública e o dereito. Fontes do dereito administrativo e a súa xerarquía. O valor do costume e dos principios xerais.

Tema 10. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos-lei e decretos lexislativos.

Tema 11. O regulamento: concepto. Clasificación dos regulamentos. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación.

Tema 12. A relación xurídico-administrativa. Os administrados. Situacións xurídicas dos administrados. Potestades regradas e potestades discrecionais.

Tema 13. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. Eficacia e executividade do acto administrativo. Nulidade, anulabilidade e derrogación dos actos. Revogación e revisión de oficio.

Tema 14. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación e principios informadores. Fases do procedemento: iniciación, orde

nación, instrucción e terminación. Especial referencia ó silencio administrativo.

Tema 15. Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada e de revisión.

Tema 16. A xurisdicción contencioso-administrativa. Concepto e natureza. O recurso contencioso-administrativo. Partes e actos impugnables. Procedemento. Recursos contra sentencias. Execución de sentencias.

Tema 17. Contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causas e forma. Formas de contratación. Contido e efectos dos contratos. Resolución, rescisión e renuncia.

Tema 18. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. O Goberno da Comunidade Autónoma.

Tema 19. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 20. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Composición e funcións. Organización e estructura das consellerías. A Administración periférica da Comunidade Autónoma.

Tema 21. As administracións locais. O municipio. A provincia. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

Tema 22. O funcionamento das entidades locais. Potestade regulamentaria das corporacións locais. Réxime xurídico e impugnación de acordos.

Tema 23. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Criterios diferenciadores.

Tema 24. A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. A carreira administrativa. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

Tema 25. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 26. Provisión de vacantes, selección e contratación do persoal laboral da Xunta de Galicia. Licencias, excedencias, beneficios sociais. Incompatibilidades.

Tema 27. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Capacidade para contratar. Forma. Documentación e proba. O sistema de colocación. As relacións laborais excluídas.

Tema 28. Modalidades do contrato de traballo. Traballo en común e en grupo. O traballo directivo. Contratos formativos: contrato de aprendizaxe e contrato de traballo en prácticas. Contrato de traballo a tempo parcial e de relevo. A contratación temporal estructural.

Tema 29. O salario. Modalidades de salario. A estructura salarial. A protección do salario.

Tema 30. O dereito de representación colectiva do persoal ó servicio das administracións. O dereito de reunión, sindicación e folga. A representatividade sindical: órganos de representación.

Tema 31. As Comunidades Europeas. As liberdades básicas do sistema comunitario. As institucións comunitarias e o seu funcionamento.

Tema 32. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. O ordenamento xurídico europeo. As fontes do dereito comunitario. A integración do dereito comunitario en España.

Tema 33. O orzamento. Concepto e clases. O orzamento do Estado. A súa estructura. O ciclo orzamentario.

Tema 34. A contabilidade pública: concepto. Contabilidade preventiva, executiva e crítica. Ingresos orzamentarios, créditos orzamentarios e remanentes de crédito. Devolución de ingresos. Contraído, formalización, intervención.

Tema 35. As contas da contabilidade pública. A planificación contable. Plan xeral de contabilidade pública. Ámbito e contido do plan. Obxectivos. Criterios de valoración. O euro: a súa reconversión e regras de redondeo.

Parte específica:

Grupo I-categoría 011 (titulado superior pedagogo).

Tema 1. O dereito á educación: o seu fundamento na constitución e o seu desenvolvemento legal. A escolaridade obligatoria e gratuíta en España.

Tema 2. Teoría xeral do curriculum. Deseño curricular como proxecto, desenvolvemento curricular como realización. Curriculum explícito e curriculum oculto.

Tema 3. Dinámica de grupos. Concepto de grupo. O grupo como estructura educativa. Tipos de liderado ou coordinación nun grupo. Algunhas técnicas de traballo creativo en grupo: brainstorming, discusión 66, técnica da analoxía persoal, técnica dialéctica.

Tema 4. Principios e modelos xerais de avaliación en educación. Fins e tipos. A avaliación no proceso educativo e na toma de decisións.

Tema 5. Procesos de aprendizaxe. Condicionamento. Aprendizaxe por observación.

Tema 6. Aprendizaxes superiores. O procesamento da información. O papel da atención e da memoria. As habilidades metacognitivas.

Tema 7. Ensino de habilidades básicas e hábitos de autonomía na infancia, principalmente con alumnos con necesidades educativas especiais.

Tema 8. Modificación de conducta. Técnicas de solución de problemas. Adestramento en habilidades sociais.

Tema 9. Aspectos da diversidade dos alumnos relevantes para a educación e a aprendizaxe: aptitudes, motivación, estilos cognitivos, outras diferencias individuais.

Tema 10. O desenvolvemento evolutivo do neno: o primeiro ano. A primeira infancia.

Tema 11. O desenvolvemento evolutivo do neno: a segunda infancia. A adolescencia.

Tema 12. A dimensión moral da educación. Actitudes e valores morais. A educación do razoamento e do xuízo moral.

Tema 13. Educación para a convivencia e a paz. A educación para o desenvolvemento de actitudes cooperativas, democráticas e cívicas. Educación para a igualdade.

Tema 14. A orientación como actividade educativa. Principios básicos de orientación educativa común ós diferentes modelos. As súas técnicas máis utilizadas.

Tema 15. Relación entre teoría e práctica na educación. A investigación educativa. O pedagogo como investigador. Principios e métodos da investigación na acción.

Tema 16. O enfoque preventivo dos problemas escolares e de aprendizaxe. Grupos de risco e recursos compensatorios para a educación.

Tema 17. A construcción da intelixencia e da personalidade na interacción social: o papel dos compañeiros na experiencia educativa e na aprendizaxe.

Tema 18. O concepto de risco social e os malos tratos á infancia. Identificación de situacións de risco. Intervención sobre os factores de risco social. O proceso de intervención ante o maltrato infantil.

Tema 19. Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais: servicios sociais de atención primaria. Contido e organización. Programas e proxectos. Equipamentos. Supervisión e coordinación. O plan concertado para a execución das prestacións básicas dos servicios sociais.

Tema 20. Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil.

Tema 21. A Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, a infancia e a adolescencia.

Tema 22. O Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia.

Tema 23. A Orde do 29 de febreiro de 1996 pola que se regulan os requisitos específicos que deben reuni-los centros de menores e os centros de atención á infancia.

Tema 24. Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores: principios, criterios e orientacións. Enumeración das medidas e contido de cada unha delas. Regras para a súa aplicación. As medidas cautelares.

Tema 25. Os centros de internamento. Características e orientacións da actividade dos centros. Dereitos e deberes dos menores internados. Réxime disciplinario.

Tema 26. Metodoloxía de intervención socioeducativa: da planificación á avaliación. O proxecto educativo de centro. O PEI.

Tema 27. Os equipos técnicos de atención ó menor e á familia. Características e funcións.

Tema 28. Socialización e inadaptación social. Definición de conceptos. Características. Principios de intervención educativa. Directrices para a intervención educativa.

Tema 29. Estratexias de prevención da conducta inadaptada. Prevención primaria. Prevención secundaria. Prevención terciaria. Prevención e tratamento na comunidade e nas institucións.

Tema 30. A educación especial. Do modelo de déficit ó modelo de necesidades de competencia curricular. Principios xerais da intervención educativa en relación ás necesidades educativas especiais. A organización da atención á diversidade.

Tema 31. As persoas con atraso mental: características do seu desenvolvemento. Principios xerais da intervención educativa.

Tema 32. Dificultades sensoriais: tipos e avaliación. Sistemas de comunicación en persoas cegas e xordas.

Tema 33. O autismo e as alteracións da comunicación na infancia e na adolescencia. Intervención educativa.

Tema 34. Alumnos con disfuncións ou dificultades motoras. Barreiras de acceso ó curriculum, adaptacións instrumentais.

Tema 35. Dificultades e problemas na adquisición da fala. Intervención educativa.

Tema 36. Dificultades e problemas na adquisición da linguaxe escrita. Intervención educativa.

Tema 37. Menores e drogas. A drogodependencia. Concepto, sintomatoloxía e efectos. Terapia básica. Detección e intervención educativa.

Tema 38. A educación permanente. Concepto. Efectividade práctica da educación permanente. Funcións do pedagogo social.

Tema 39. III Plan Integral de Apoio á Familia. Principios inspiradores, obxectivos, niveis de intervención. Programas de actuación.

Tema 40. O sistema familiar. Estructura e funcións. O ciclo vital familiar e crises evolutivas asociadas. Abordaxe de intervencións ante conflictos familiares e maritais: mediación familiar.

Grupo: I, categoría: 40. Titulado/a superior lingüista.

Tema 1. O galego na Idade Media.

Tema 2. Os Séculos Escuros.

Tema 3. Do Rexurdimento á Guerra Civil.

Tema 4. Da Guerra Civil ós nosos días.

Tema 5. Situación sociolingüística do idioma galego: bilingüismo, diglosia, conflicto lingüístico.

Tema 6. Factores sociais do bilingüismo en Galicia. Lealdade lingüística, cambio lingüístico, prestixio e promoción social.

Tema 7. Situación sociolingüística de Galicia: coñecementos lingüísticos.

Tema 8. Situación sociolingüística de Galicia: usos lingüísticos.

Tema 9. Situación sociolingüística de Galicia: actitudes lingüísticas.

Tema 10. Liñas xerais do proceso de normalización lingüística nos ámbitos educativo, institucional, socioeconómico e da comunicación en Galicia.

Tema 11. Lexislación lingüística. A Constitución española e o Estatuto de autonomía.

Tema 12. A Lei de normalización lingüística de Galicia.

Tema 13. Europa multilingüe. Linguas minorizadas e minorías lingüísticas en Europa.

Tema 14. O caso español. Linguas minorizadas e minorías lingüísticas en España.

Tema 15. O galego na Comunidade Autónoma de Galicia. A Dirección Xeral de Política Lingüística.

Tema 16. A normalización lingüística.

Tema 17. Criterios de elaboración dun plan de normalización lingüística.

Tema 18. Definición e obxectivos da planificación lingüística.

Tema 19. Definición e obxectivos da dinamización lingüística.

Tema 20. Galego hoxe, o estándar e as variedades. Problemas e avances na estandarización do galego.

Tema 21. Galego común e as variedades xeográficas. Desviacións da norma: vulgarismos, arcaísmos, hiperenxebrismos, castelanismos e lusismos.

Tema 22. Variedades estilísticas, os rexistros e os tecnolectos.

Tema 23. A terminoloxía en Galicia.

Tema 24. Principios básicos do traballo terminolóxico.

Tema 25. Fonoloxía, fonética e ortografía.

Tema 26. Morfosintaxe: o nome e os pronomes. As súas funcións sintácticas.

Tema 27. Morfosintaxe: o verbo. Tipos de predicado. Tipos de oración segundo o predicado. As perífrases verbais.

Tema 28. Morfosintaxe: o adverbio, a preposición, a conxunción e outros nexos. Os complementos circunstanciais. A oración composta. A estructura do texto.

Tema 29. Semántica e lexicografía. Campos e riscos semánticos. Relacións semánticas (sinónimos, homónimos, contrarios...). Criterios e métodos no traballo lexicográfico. Os problemas léxicos e o manexo de diccionarios.

Tema 30. Léxico. Mecanismos de creación de palabras. A renovación do léxico galego.

Tema 31. A linguaxe administrativa.

Tema 32. Corrección de interferencias léxicas e fraseolóxicas doutras linguas.