Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.876

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xullo de 2003 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 5 de febreiro de 2003, convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 9 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.481.0 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, as axudas que se relacionan no anexo I, correspondentes ó primeiro prazo, e no anexo II correspondentes ó segundo prazo.

Segundo.-De acordo co artigo 11, as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 6.000 euros, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo da aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez finalizada a actividade e despois da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, xuntando certificación respecto da percepción ou non doutras

axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez finalizada e xustificada a actividade.

Terceiro.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir do da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non a acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

Unha vez efectuada a viaxe, o centro docente, como entidade colaboradora da xestión de axudas públicas, deberá, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, tramita-la seguinte documentación no prazo máximo dun mes:

3.1. Certificación do consello escolar do centro aprobatoria das contas, xuntando unha relación dos gastos efectuados e copia compulsada das facturas.

3.2. Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra administración ou ente público.

3.3. Certificación do director do centro no que se faga consta-la empresa ou centro de acollida e as datas exactas de duración da estadía, o nome e número do DNI dos alumnos e/ou dos profesores participantes, indicando neste caso se é coordinador ou participante na estadía.

3.4. Xustificación da totalidade do custo da viaxe de acordo cos datos indicados no orzamento inicial. O importe da subvención nunca poderá superar illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza. No caso de que o custo final sexa inferior ó inicialmente previsto deberase minora-la axuda concedida en proporción á axuda xustificada.

3.5. Memoria do traballo realizado durante a estadía no país de acollida que incluirá os seguintes datos:

3.5.1. Visitas preparatorias. Obxectivos acadados de cara á realización do proxecto, incluíndo un breve resumo deste: descrición, datas de realización, etc.

3.5.2. Estadías de alumnos. Programación e avaliación das actividades realizadas na estadía con descricións de procesos productivos, tecnoloxías utilizadas, posibilidade de realización doutras estadías e aspectos positivos e negativos que hai que considerar.

3.5.3. Estadías de profesores. Certificación da empresa ou centro de acollida na que se indiquen as datas e as características da estadía realizada. Memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar, entre outros, os seguintes aspectos:

a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan, diferenciados segundo os niveis de cualificación.

b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).

d) Cambios que se prevén no sistema productivo (evolución da competencia profesional).

e) Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

f) Posible formación do profesorado que podería desenvolve-la empresa ou traballadores que poderían colaborar no plan de formación do profesorado de formación profesional específica.

g) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.

Os proxectos e traballos realizados polos centros seleccionados quedarán en poder da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais reservándose o dereito de difundi-los traballos realizados en función da súa orixinalidade e pasando a formar parte dos fondos documentais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarto.-De acordo co establecido no Regulamento (CE) nº 1159/2000, da comisión, do 30 de maio (DO L 130/30, do 31 de maio), os centros colaboradores que figuran no anexo I tomarán as medidas oportunas para informa-los alumnos e profesores que van realiza-las estadías formativas en empresas que as axudas están financiadas nun 65% polo Fondo Social Europeo.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Proxectos aprobados no primeiro prazo de presentación de solicitudes

Centro escolarTipo actividadeTítulo proxecto/

profesor participante

Número

profesores

Número alumnosEspecialidadePaís destinoAxuda

concedida (A)

IES PontepedriñaVisita preparatoriaCarmen Fandiño Suárez10ComercioReino Unido850

IES PontepedriñaEstadía alumnosEstadía de alumnos en empresas do Reino Unido010ComercioReino Unido12.750

IES PontepedriñaEstadía profesoresCarlos Carballo Felpete10ComercioReino Unido925

ANEXO II

Proxectos aprobados no segundo prazo de presentación de solicitudes

Centro escolarTipo acciónTítulo proxecto/

profesor participante

Número

profesores

Número alumnosEspecialidadePaís destinoAxuda

concedida (A)

EFA FonteboaEstadía de alumnosEstadía en explotacións agrarias. Pays Loire013AgrariaFrancia7.770

IES Eusebio da GuardaVisita preparatoriaFelipe Gómez Taibo10Hostalería e turismoHungría900

IES Eusebio da GuardaEstadía de alumnosOpen Europe 2003010Hostalería e turismoHungría16.000

IES Luis SeoaneEstadía de alumnosILUSEEL-II01AdministraciónMalta1.525

Escola de Artes Mestre MateoEstadía de alumnosDANTE05AA. e deseñoIrlanda e Portugal6.550

IES Armando Cotarelo ValledorVisita preparatoriaAgustín Lago Durán10ComercioFrancia700

IES Armando Cotarelo ValledorVisita preparatoriaLucila Mª Louzao Rodríguez10AdministraciónReino Unido850

IES Armando Cotarelo ValledorVisita preparatoriaJesús Caneda Aguiar10ComercioPortugal450

IES Armando Cotarelo ValledorEstadía de alumnosEstadía formativa no Reino Unido06Administración

e comercio

Reino Unido9.150

IES de TeisVisita preparatoriaÁngela Fissgus Karpet10InformáticaAlemaña850

IES de TeisVisita preparatoriaLourdes Mourelle Mosqueira10Imaxe persoalItalia850

IES Paseo das PontesVisita preparatoriaSantiago Rodilla Labrador10Téxtil c. e pelItalia850

Escola de Arte Antonio FaíldeVisita preparatoriaCésar Taboada Varela10Deseño gráficoTurquía1.000

IES PerdouroEstadía de profesoresHortensia Mª Vicente Santiago 10Imaxe persoalItalia1.050

IES PerdouroEstadía de profesoresJosé Álvarez Otero10Fabricación mecánicaItalia925

IES Monte CasteloEstadía de alumnosTraining periods in the EU06SanidadeItalia8.400

IES Porta da AugaVisita preparatoriaMargarita Vilaseca Sánchez10AdministraciónItalia850

IES A PontepedriñaVisita preparatoriaIsabel Serna Massiá10Comercio/francésFrancia700

IES Ribeira do LouroVisita preparatoriaAmador Ordóñez Puime10ComercioTurquía1.000

IES PontecesoEstadía de profesoresMª Jesús Cedrón López10F.O.L.Italia1.175

IES Sofía CasanovaEstadía de alumnosEstadía formativa en Bos Aires01Hostalería-turismoArxentina1.725

IES Sofía CasanovaVisita preparatoriaGuillermo Llorca Freire10Hostalería-turismoArxentina1.300

Proxectos denegados no segundo prazo de presentación de solicitudes por non axustarse á convocatoria

Centro escolarTipo acciónTítulo proxecto/

profesor participante

Número

profesores

Número alumnosEspecialidadePaís destinoObservacións

IES PerdouroEstadía de profesoresJosé Antonio Rivas Rivas10Fabricación mecánicaItaliaConcedida unha axuda similar en anos anteriores

IES PerdouroEstadía de profesoresMª Ángeles Sánchez Ramos 10Imaxe persoalItaliaArt. 5.2º.3 da orde

IES CompostelaEstadía de profesoresRosalía Carril González-Barros10Hostalería-turismoVenezuelaFalta documentación

IES Rosalía de CastroEstadía de profesoresIrene Gil Ruiz10Hostalería-turismoVenezuelaConcedida unha axuda similar en anos anteriores

IES Valentín Paz AndradeEstadía de profesoresMontserrat Ezquerra González10Hostalería-turismoVenezuelaConcedida unha axuda similar en anos anteriores
IES A FarixaEstadía de profesoresBelén González Quevedo 10Hostalería-turismoVenezuelaConcedida unha axuda similar en anos anteriores

IES Nº 1 de LugoEstadía de profesoresMarina Merino López10SanidadeAlemañaConcedida unha axuda similar en anos anteriores

IES Nº 1 de LugoEstadía de profesoresMaría Esther Varela Tato10SanidadeAlemañaConcedida unha axuda similar en anos anteriores

IES Nº 1 de LugoEstadía de profesoresPilar Corral Muñiz10SanidadeSuízaConcedida unha axuda similar en anos anteriores

IES Nº 1 de LugoEstadía de profesoresMª Ángeles Blanco Deza 10SanidadeSuízaConcedida unha axuda similar en anos anteriores

IES Monte CasteloEstadía de profesoresMargarita Vázquez Ouro10SanidadeSuízaConcedida unha axuda similar en anos anteriores

IES Ánxel Casal-Monte AltoEstadía de profesoresSusana Agra Rama10SanidadeAlemañaConcedida unha axuda similar en anos anteriores

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA