Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 26 de agosto de 2003 Páx. 10.876

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xullo de 2003 pola que se autoriza a adscrición do centro autorizado de música elemental Adagio, de Monforte de Lemos (Lugo), ó Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

Polo Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, transfírense á Comunidade Autónoma de Galicia as competencias relativas á creación, posta en funcionamento, transformación, clasificación, traslado, clausura, impresión, réxime xurídico e administrativo dos centros, seccións e unidades públicas, tanto de réxime ordinario como de réxime especial.

O Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo), establece, no seu artigo 1º, que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado, en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades.

O artigo único do Decreto 425/1990, do 31 de xullo (DOG do 16 de agosto), dispón a creación do centro autorizado de música elemental Adagio, quedando adscrito este centro ó Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

Polo Decreto 298/1995, do 16 de novembro (DOG do 24 de novembro), créase un conservatorio profesional de música na cidade de Lugo, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo solicita que o centro autorizado de música elemental Adagio sexa adscrito ó Conservatorio Profesional de Música de Lugo, co fin de facilita-lo traballo de inspección e homoxeneizar tódolos centros de música da provincia de Lugo.

Cumpridos tódolos trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Artigo único.-Autoriza-la adscrición do centro autorizado de música elemental Adagio, de Monforte de Lemos, ó Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa (BOE do 14 de xullo).

Disposición derradeira

Facúltanse as direccións xerais de Centros e Ordenación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para dictaren as disposicións necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria