Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.812

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de agosto de 2003 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores seleccionados no procedemento selectivo convocado pola Orde do 6 de marzo de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo) para ocupar vacantes dotadas orzamentariamente.

Pola Orde do 6 de marzo de 2003 (DOG do 4 de marzo) convocouse procedemento selectivo de acceso ó corpo de mestres, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen prexuízo do establecido nos puntos 55 e 58 da Orde do 6 de marzo (DOG do 14 de marzo), tendo en conta as necesidades do servicio, segundo o preceptuado no punto 59, e de conformidade co disposto no punto 60 da citada orde, os aspirantes que resultaron seleccionados deben realizar un período de prácticas, que formará parte do proceso selectivo e terá por obxecto a valoración da súa aptitude para a docencia.

Existindo vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios en prácticas os opositores que foron destinados a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de mestres os aspirantes que se relacionan no anexo I da Orde do 4 de agosto de 2003 pola

que se fai pública a lista dos opositores seleccionados no proceso selectivo convocado pola Orde do 6 de marzo de 2003 (DOG do 14 de marzo) para ingreso no corpo de mestres.

Segundo.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde a súa toma de posesión.

Terceiro.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Cuarto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción para a percepción das remuneracións en tanto persista a súa condición de funcionario en práctica, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Quinto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas necesidades e dictará as instruccións que coiden oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria