Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.810

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de agosto de 2003 pola que se fai pública a lista dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo convocado pola Orde do 6 de marzo de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo), para ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a adquisición de novas especialidades.

De conformidade co disposto no punto 50 da orde da Consellería de Educación e Ordenación Univer

sitaria do 6 de marzo de 2003 (DOG do 14 de marzo) os órganos de selección remitiron á Dirección Xeral de Persoal a relación de aspirantes seleccionados, por orde de puntuación, e á vista da dita resolución, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, no anexo I que se xunta, por especialidades e número de orde nesa especialidade, a relación dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 6 de marzo de 2003 (DOG do 14 de marzo).

Segundo.-Facer pública, no anexo II que se xunta, por especialidades, a relación de aspirantes que conseguiron unha nova especialidade.

Terceiro.-Os destinos que obteñan os opositores que se relacionan no anexo I desta orde terán carácter provisional, e estarán obrigados a participar, no seu momento, os seguintes concursos de traslados que se convoquen ata obter destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarto.-Os que, por estar cumprindo o servicio militar ou por outra causa e que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamentos da súa incorporación á fase de prácticas, unha vez que sexan chamados, deberán solicitalo por escrito ante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Quinto.-Os opositores seleccionados, relacionados no anexo I, deberán presentar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona no punto 55 da Orde do 6 de marzo de 2003 (DOG do 14 de marzo), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación.

Sexto.-Entenderase que renuncian ó procedemento selectivo os opositores seleccionados que non se incorporen ó destino obtido no prazo de 5 días, unha vez elixido.

Sétimo.-Os participantes neste procedemento selectivo, que non fosen seleccionados, poderán retira-la documentación presentada, eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no servicio de profesorado de educación infantil e primaria desta consellería (San Caetano-Santiago de Compostela), transcorridos dous meses desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e no prazo dun mes. Pasado este prazo procederase á destrucción desa documentación.

Oitavo.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria