Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.809

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros no artigo 7º do convenio colectivo da empresa Auxiliar Conservera, S.A. (Aucosa).

Vista a acta da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa, Auxiliar Conservera, S.A. (Aucosa), que tivo entrada no rexistro do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 19-6-2003, de corrección de erros no artigo 7º, epígrafe, Factoría de fariñas, quenda de noite, punto 5, do devandito convenio, e no senso que se fai figurar no texto da acta.

Que ó abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material sufrido no artigo 7º, epígrafe, Factoría de fariñas, quenda de noite, punto 5, do convenio colectivo da empresa Auxiliar Conservera, S.A. (Aucosa), e no senso que figura no texto da acta.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que

consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo da empresa Auxiliar

Conservera, S.A. (Aucosa)

Acta de corrección de erros

En Vigo, sendo as 10.00 horas do día 19 de xuño de 2003, reúnense na sede da empresa a comisión negociadora do convenio colectivo, composta, pola parte empresarial por Eladio Liz Freire e José Manuel Antón Otero, e pola parte social, por Manuel Fernández Outerelo, Florencio Estévez Pérez e Manuel Lores Lago, este como asesor.

Revisado o convenio colectivo asinado o 8-5-2003 e presentado na Xunta de Galicia (Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais) con data 16-5-2003, detectáronse os seguintes erros:

No artigo 7º co enunciado, Xornada laboral, e dentro do epígrafe Factoría de fariñas... quenda de noite, o punto 5 di: «O horario será de 22.00 a 6.15 horas do día seguinte», e debe dicir: «O horario será de 22.00 a 6.00 horas do día seguinte».

O que acordamos e asinamos para a súa correción.