Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 22 de agosto de 2003 Páx. 10.813

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de agosto de 2003 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 28 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia do 14 de marzo), para ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto na base común 9, punto 6 da orde desta consellería do 28 de febreiro

de 2003 (DOG do 14 de marzo), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública por materias a lista dos funcionarios do mesmo corpo que superaron o procedemento de adquisición de novas especialidades no anexo I desta orde.

Segundo.-Facer pública por corpos, materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional nos anexos II, III, IV e V desta orde, respectivamente.

Terceiro.-Os relacionados nos anexos II, III, IV e V que por causa que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da incorporación á fase de prácticas, deberano solicitar por escrito ante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Cuarto.-Os opositores aprobados relacionados nos anexos II, III, IV e V deberán presentar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona na base común 10 da Orde do 28 de febreiro de 2003 (DOG do 14 de marzo), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.

Quinto.-Os participantes nestes procedementos selectivos poderán retira-la documentación presentada, eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servicio do Profesorado de Ensinanzas Secundaria, Formación Profesional e de Réxime Especial desta consellería (San Caetano-Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de trascorridos dous meses desde a publicación da presente orde.

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria