Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.785

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (140/2003).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 140/2003, por instancia de Juan José Gómez Suárez, contra a empresa Berpapel, S.L., sobre despedimento nos que recaeu sentencia con data do 3 de xuño de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que estimando a demanda promovida por Juan José Gómez Suárez, María Reyes Otero Otero e Manuel Suárez García, contra Berpapel, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante condenando á demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a inmediata readmisión dos traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento ou ó aboamento das cantidades seguintes: 10.937,09 euros, ó Sr. Gómez Suárez; 5.334,20 euros á Sra. Otero Otero e 17.762,53 euros ó Sr. Suárez García, en concepto de indemnización e ó aboamento, en todo caso, dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución que no día de hoxe ascenden á suma de 5.525,31 euros para o Sr. Gómez Suárez; 4.299,33 euros para a Sra. Otero Otero e 7.865,38 euros para o Sr. Suárez García.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de establecelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba ante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta deste xulgado aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Victoria, S.A.) con número 5.605 0000 60 0140 03, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0140 03 entregándose o

xustificante en secretaría ó tempo de interpo-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA