Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 21 de agosto de 2003 Páx. 10.785

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2003 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a contratación do desenvolvemento dun sistema informático para a xestión da personalidade administrativa dixital (PAD).

1. Obxecto.

Contratación do desenvolvemento dun sistema informático para a xestión da personalidade administrativa dixital (PAD).

2. Orzamento de licitación.

42.300 euros, IVE incluído.

3. Prazo de execución.

O prazo de execución máximo é ata o 31 de decembro de 2003.

4. Documentos de interese para os licitadores.

A documentación poderá examinarse na Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles

de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Copy Nino, r/ General Pardiñas, 2, 15701, Santiago de Compostela, teléfono: 981 58 89 38, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mismo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2901.

5. Fianza provisional.

846 A.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de adxudicación.

7. Modelo de proposición.

O que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do desenvolvemento dun sistema informático para a xestión da personalidade administrativa dixital (PAD), que presenta D./Dona..., en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións.

En acto público, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informátivos, a partir das 13.00 horas do día que resulte de contar 11 días naturais a partir do día seguinte ó do peche de presentación de proposicións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA