Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.764

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SETE DA CORUÑA

EDICTO (807/2002).

Teresa Sampedro Blanco, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número sete da Coruña, dou fe e testemuño: nos autos de desafiuzamento, falta de pagamento 00807/2002 LJ, seguidos neste xulgado por instancia de Francisca Tenreiro Pita, representada polo procurador Sr. Rodríguez Siaba contra Ana J. Varela Aldao, dictouse sentencia que ten como parte dispositiva o teor literal seguinte:

«Sentencia. Na Coruña, 9 de abril de 2003.

Decido que estimando a demanda interposta por Francisca Tenreiro Pita, representada polo procurador Sr. Rodríguez Siaba contra Ana J. Varela Aldao en rebeldía en autos. Debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que sobre a vivenda sita na avenida Che Guevara, número 16, 2º esquerda, de Perillo-Oleiros, existía entre a demandante e a demandada, por falta de pagamento das rendas pactadas e consecuentemente, que debo declarar e declaro ter lugar ó desafiuzamento da demandada da expresada vivenda, condenándoo a facer entrega desta no prazo legal establecido, senón o fixese procederase ó seu lanzamento. Con imposición de custas á demandada. Notifíquese a presente resolución ás partes, a quen se fará saber que contra esta, poden preparar recurso de apelación dentro do prazo de cinco días contados desde o día seguinte ó da notificación. Á demandada non se lle admitirá o recurso de apelación, se ó preparalo non manifesta acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas

vencidas e as que de acordo co contrato deba pagar adiantada. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino. Asinado: María Escribano Silva, maxistrada-xuíza».

Co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación de sentencia á demandada rebelde Ana J. Varela Aldao, expido e asino o presente edicto na Coruña o vintecinco de xuño de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA