Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2003 pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dunha asistencia para a migración do rexistro de entrada/saída e os módulos de información de seguimento e portelo único do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia ó contorno web.

1. Obxecto: contratación dunha asistencia para a migración do rexistro de entrada/saída e os módulos de información de seguimento e portelo único do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia ó contorno web.

2. Orzamento de licitación: 130.000 euros, IVE incluído, dividido en dúas anualidades, das que 48.000 A son para o ano 2003 e 82.000 A con cargo ó ano 2004.

3. Prazo de execución: seis meses contados a partir da sinatura do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.A.L., praza de Mazarelos, 14, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 58 54 55, mediante o aboamento do importe que corresponda.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2882

5. Fianza provisional: 2.600 A.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación dunha asistencia para a migración do rexistro de entrada/saída e os módulos de información de seguimento e portelo único do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia ó contorno web, que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións: en acto público, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, a partir das 13.00 horas do día que resulte de contar 11 días naturais a partir do día seguinte ó do peche de presentación de proposicións, que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública