Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2003 Páx. 10.763

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 5 de agosto de 2003 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 22 de maio de 2003 (DOG nº 113, do 12 de xuño) a provisión, polo sistema

de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Innovación, Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Innovación, Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 22 de maio de 2003 (DOG nº 113, do 12 de xuño).

Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo a esta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no punto anterior.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente, recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data perante o xulgado do contencioso-administrativo, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO

Apelidos e nome: Recuna Carrasco, Rafael.

NRP: 3277849513 A2065.

Grupo: A.

Denominación do posto de traballo: xefe do Servicio de Xestión Mineira.

Código do posto: IC.C03.00.003.15770.007.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Paz Doniz, Alfonso Tomás.

NRP: 3459643124 A2064.

Grupo: A.

Denominación do posto de traballo: xefe do Servicio de Administración Industrial.

Código do posto: IC.C99.10.000.32001.105.

Nivel: 28.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Ourense.